23/09/2024

Xornada | Contratación pública estratéxica de xestión de residuos municipais: recomendacións e boas prácticas

A xornada “Contratación pública estratéxica de xestión de residuos municipais: recomendacións e boas prácticas” ten por obxectivo analizar a realidade da contratación pública da xestión dos residuos municipais, concretamente os contratos de recollida e transporte de residuos e os de tratamento.

Analizaranse os elementos e riscos xurídicos a ter en conta nos procesos de preparación contractual para levar a cabo unha xestión estratéxica destes contratos, de acordo cos obxectivos da política comunitaria de economía circular e a Lei 7/2022 de residuos e solos contaminados para unha economía circular, e a súa normativa de desenvolvemento vixente e en proceso de aprobación (envases e residuos de envases, pilas e acumuladores, aparellos eléctricos e electrónicos, desperdicio alimentario, téxtil, mobles e enseres, etcétera).

Durante as sesións presentaranse boas prácticas e recomendacións que contribúan á preparación axeitada destes contratros por parte das entidades locais. Así mesmo, o encontro pretende xerar un marco metodolóxico de colaboración entre as entidades locais para crear e divulgar coñecemento xurídico aplicado ao ámbito local, e contribuir así ao desenvolvemento de capacidades e medidas eficaces destinadas á consecución dos obxectivos públicos locais en materia de residuos e xestión eficiente dos recursos.