A sostibilidade na toma de decisións na empresa e na Administración
A directora científica de ECOBAS, María Loureiro, participa este ano na VI edición da Feira de Outono das Emprendedoras de Compostela para impartir a conferencia “A sostibilidade na toma de decisións na empresa e na administración”, aspecto de extraordinaria relevancia no enfoque cara a unha economía máis humana e ao servizo das persoas.
Mércores 25 de setembro ás 16:30 h (CET)
- IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN: Preme aquí para solicitar a inscrición ás distintas actividades
- EVENTO ONLINE: retransmisión por streaming
Organizada polo Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), a feira pretende ser un punto de encontro para emprendedoras e persoas interesadas en crear redes de colaboración social e económica que promovan un modelo de desenvolvemento ao servizo das persoas. O programa completo do evento estará dispoñible nos próximos días, e os organizadores animan á participación para fomentar o debate e a creación de sinerxías entre os distintos axentes sociais.
Centrada este ano na economía feminista e dos coidados, a sexta edición desta feira terá lugar do 24 ata o 27 de setembro co principal obxectivo de promover unha cidadanía socialmente responsable e comprometida coa transformación social, destacando o papel que as mulleres e os coidados xogan nunha economía máis equitativa.