10/09/2024

Xornada | O camiño á neutralidade climática: Reflexións desde Galicia e Europa

O Pacto Verde Europeo é a folla de ruta da Unión Europea para buscar a neutralidade climática para 2050. Entre as medidas activadas existe un amplo paquete lexislativo que contén varias leis revisadas interconectadas e novas propostas de lei sobre o clima e a enerxía.

Así pois, coa fin de compartir a visión dos axentes públicos e privados en torno a este ambicioso escenario, así como dar a coñecer as últimas aportacións da investigación en Ciencias Sociais á normativa vinculante que xa está en marcha, ECOBAS organiza a presente Xornada, coa colaboración do Consello da Cultura Galega.

O encontro será inaugurado pola Directora Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría Traba, e entre os relatores convidados contaremos coa Directora de Mercados de Carbono e Mobilidade Limpa da Comisión Europea, Beatriz Yordi.