III Xornadas IUEM: “Novas perspectivas para a regulación, control e xestión dos verquidos de plásticos ao mar”
O impacto da contaminación por plásticos nos ecosistemas marítimo-terrestres e na vida humana é un dos maiores desafíos que afrontamos como sociedade. O plástico non se biodegrada; pode tardar ata centos de anos en descompoñerse así que, cando se desbota, orixina un problema de graves consecuencias con múltiples derivadas. É un tipo de contaminante que asfixia á fauna marina, deteriora o solo, envenena as augas subterráneas e que pode causar graves danos tamén na saúde humana.
Para abordar as distintas estratexias na loita contra este grave problema, coordinadas pola directora do Instituto Universitario de Estudios Marítimos (IUEM) e investigadora principal de ECOBAS, María Isabel Novo Corti, e da profesora María José Rodríguez Docampo, os vindeiros 26 e 27 de setembro terán lugar as xornadas divulgativas tituladas “Novas perspectivas para a regulación, control e xestión dos verquidos de plásticos ao mar”.
Xoves 26 e venres 27 de setembro 2024
- Consulta aquí o programa detallado
- Descarga aquí a axenda das xornadas
- PRAZAS LIMITADAS. Imprescindible inscrición aquí.
- CERTIFICADO DE ASISTENCIA para os asistentes.
O evento conta coa colaboración do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación ambiental de Galicia (CEIDA), onde se desenvolverán o acto de inauguración e a conferencia inaugural o xoves día 26/09 pola mañá: sede CEIDA en Illa Santa Cruz s/n 15179 Porto de Santa Cruz, Oleiros.
O resto do programa terá lugar na Escola Técnica Superior de Naútica e Máquinas da Universidade da Coruña, Campus de Riazor: Praza da Mariña Mercante, s/n 15011 A Coruña.