7th CGD Workshop on Regional Development and Innovation

Relatores de primeiro nivel e influencia a nivel internacional como Daniela Luminita Constantin, Katarzyna Kopczewska e Marcela Eslava elevan un programa que conta ademais coa presentación das investigacións máis recentes de importantes voces da universidade española: Ángel Luis Martín, Fernando Rubiera, Isidoro Romero e Rafael Boix.

O comité organizador conta con Andrés Faíña, Jesús López Rodríguez, Paulino Montes Solla, Laura Varela Candamio e Brais Pociña Sánchez, todos eles membros do equipo investigador de ECOBAS e integrantes do Grupo Jean Monet de Competencia y Desarrollo da UDC.

O labor de investigación do GCD abrangue temas relacionados coa economía da competencia, a competitividade empresarial e o desenvolvemento. O grupo combina os plantexamentos teóricos coas políticas e a xestión centrándose nos ámbitos da economía e política de desenvolvemento rexional, as políticas da Unión Europea e a innovación, os riscos percibidos e a xestión dos procesos de innovación de produto.

 


Research seminar: Clara García Bouyssou, University of Copenhagen

 

 


Seminario de Investigación: Zorica Mladenović, University of Belgrade

PRESENCIAL: A CORUÑA. Facultade de Economía e Empresa da UDC, Aula 2.11 (Campus de Elviña, 15071 A Coruña).

ONLINE: imprescindible o REXISTRO PREVIO para asistir online a este seminario:

  • Recibirás un correo de confirmación coa ligazón para acceder á retransmisión
  • Recomendamos realizar o rexistro con alomenos 15 minutos de antelación á hora de comezo da actividade

* Se participas neste seminario e precisas un certificado de asistencia ao mesmo, por favor envía un correo a . Se a túa asistencia é virtual, deberás conectarte empregando o teu nome e apelidos.