
Conferencia-coloquio | “A Oficina Nacional de Prospectiva e Estratexia: balance e perspectivas para a sociedade”
A Directora da Oficina Nacional de Prospectiva e Estratexia, Sara Baliña, visitará o Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS o vindeiro día 30 de outubro e protagonizará en Vigo unha conferencia-coloquio aberta ao público para realizar balance e informar dos obxectivos do seu equipo tras cinco anos dende a creación desta Dirección Xeral do Goberno de España.
==>> Queres asistir online a este acto? Segue a emisión en directo a través da nosa canle de YouTube
No seu cometido de facilitar á cidadanía o acceso á información rigurosa sobre o deseño e desenvolvemento das políticas públicas e o estudo dos problemas que afectan á sociedade, ECOBAS organiza a conferencia-coloquio “A Oficina Nacional de Prospectiva e Estratexia: balance e perspectivas para a sociedade”, o vindeiro día 30 de outubro en Vigo, que será protagonizada pola súa máxima responsable, Sara Baliña.
Macroeconomista formada na Universidade da Coruña (UDC), Baliña dará conta do traballo realizado pola Oficina Nacional que dirixe dende novembro de 2023, así coma dos obxectivos no seu horizonte, especificamente no tocante aos eixos de traballo relacionados coa axenda científica de ECOBAS: transición ecolóxica, envellecemento demográfico, transformación tecnolóxica, novos modelos de produción e consumo, entre outros.
A apertura institucional do acto correrá a cargo do Alcalde de Vigo, Abel Caballero, que estará acompañado polo Delegado Especial do Estado na Zona Franca de Vigo, David Regades; o Reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa Roger; e a Directora Científica de ECOBAS, María Loureiro. A sesión, aberta ao público xeral previa inscrición, será conducida polo Director Adxunto de ECOBAS, Xavier Labandeira.
IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN PREVIA, AQUÍ:
Informacións prácticas:
- DESCARGAR PROGRAMA EN PDF
- LUGAR: Auditorio do Consorcio da Zona Franca de Vigo. Rúa Areal, 46 (acceso por R/Oporto) -36201 Vigo.
- DATA: Mércores 30 de outubro de 2024
- HORARIO: de 18:00 h a 19:45 h.
- TRANSPORTE: a organización establecerá a cobertura de traslados para membros de ECOBAS procedentes doutras cidades.