19/05/2025

7th CGD Workshop on Regional Development and Innovation

A Coruña, 19 e 20 de maio 2025

O grupo de investigación Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento Rexional na Unión Europea (GCD) liderado pola secretaria científica de ECOBAS, Emma Iglesias, celebra o 7º workshop sobre desenvolvemento rexional e innovación.

Relatores de primeiro nivel e influencia a nivel internacional como Daniela Luminita Constantin, Katarzyna Kopczewska e Marcela Eslava elevan un programa que conta ademais coa presentación das investigacións máis recentes de importantes voces da universidade española: Ángel Luis Martín, Fernando Rubiera, Isidoro Romero e Rafael Boix.

O comité organizador conta con Andrés Faíña, Jesús López Rodríguez, Paulino Montes Solla, Laura Varela Candamio e Brais Pociña Sánchez, todos eles membros do equipo investigador de ECOBAS e integrantes do Grupo Jean Monet de Competencia y Desarrollo da UDC.

O labor de investigación do GCD abrangue temas relacionados coa economía da competencia, a competitividade empresarial e o desenvolvemento. O grupo combina os plantexamentos teóricos coas políticas e a xestión centrándose nos ámbitos da economía e política de desenvolvemento rexional, as políticas da Unión Europea e a innovación, os riscos percibidos e a xestión dos procesos de innovación de produto.