Workshop IDLab con Diego Aires, Alumno de PDI en Análise Económica e Estratexia Empresarial
O tema é relativamente innovador na investigación da estrutura de capital, xa que os poucos traballos que estudaban o efecto da oferta de crédito na estrutura de capital se centraban en empresas cotizadas e de maior tamaño e/ou mostras en periodos que incluían a crise financeira e a posterior contracción do crédito. Para a análise empírica, aplícanse métodos de datos de panel a unha mostra de 7.172 empresas para o período 2014-2022. Os resultados amosan que a oferta de crédito ten un impacto positivo sobre o ratio de apancamento das pemes españolas. Ademais, dentro das pemes españolas, as decisións de estrutura de capital das empresas máis grandes están menos suxeitas ao ciclo crediticio que as empresas máis pequenas. En canto ás variables de control da demanda, os resultados son coherentes con estudos anteriores e coas principais teorías da estrutura de capital. A tanxibilidade dos activos presenta unha relación positiva co apancamento, mentres que a rendibilidade e a volatilidade dos beneficios presentan unha relación negativa co apancamento.
A sostibilidade na toma de decisións na empresa e na Administración
Organizada polo Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC), a feira pretende ser un punto de encontro para emprendedoras e persoas interesadas en crear redes de colaboración social e económica que promovan un modelo de desenvolvemento ao servizo das persoas. O programa completo do evento estará dispoñible nos próximos días, e os organizadores animan á participación para fomentar o debate e a creación de sinerxías entre os distintos axentes sociais.
Centrada este ano na economía feminista e dos coidados, a sexta edición desta feira terá lugar do 24 ata o 27 de setembro co principal obxectivo de promover unha cidadanía socialmente responsable e comprometida coa transformación social, destacando o papel que as mulleres e os coidados xogan nunha economía máis equitativa.





