04/10/2024

Workshop IDLab con Diego Aires, Alumno de PDI en Análise Económica e Estratexia Empresarial

The impact of credit supply on capital structure of SMEs in Spain

Diego Aires, alumno do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial, presenta no seo do International Laboratoy of Intangible-driven Economy (IDLab) este paper no que analiza o impacto da oferta de crédito sobre a estrutura de capital das pemes españolas durante o periodo 2014-2022. 

Venres 4 de outubro ás 14:30 h (CET)

O tema é relativamente innovador na investigación da estrutura de capital, xa que os poucos traballos que estudaban o efecto da oferta de crédito na estrutura de capital se centraban en empresas cotizadas e de maior tamaño e/ou mostras en periodos que incluían a crise financeira e a posterior contracción do crédito. Para a análise empírica, aplícanse métodos de datos de panel a unha mostra de 7.172 empresas para o período 2014-2022. Os resultados amosan que a oferta de crédito ten un impacto positivo sobre o ratio de apancamento das pemes españolas. Ademais, dentro das pemes españolas, as decisións de estrutura de capital das empresas máis grandes están menos suxeitas ao ciclo crediticio que as empresas máis pequenas. En canto ás variables de control da demanda, os resultados son coherentes con estudos anteriores e coas principais teorías da estrutura de capital. A tanxibilidade dos activos presenta unha relación positiva co apancamento, mentres que a rendibilidade e a volatilidade dos beneficios presentan unha relación negativa co apancamento.