07/03/2024
ESG: Panca estratéxica de competitividade
Comeza o ciclo de conferencias “En Código Aberto” da Cátedra Inditex-UDC de Sostibilidade que dirixe a investigadora permanente de ECOBAS Marta Rey.
A primeira das charlas, co título “ESG: Panca estratéxica de competitividade”, terá lugar o vindeiro xoves 7 de marzo a cargo de Concha Iglesias Jiménez, socia líder de
Sustainability ¬ Climate de Deloitte España.
As siglas ESG (Enviromental, Social e Governance) fan referencia ao compromiso social, ambiental e de bo goberno dunha empresa, dando un paso máis alá da ISR (Inversión Socialmente Responsable) da que se falaba nos anos 2000, e incorporando todos os procesos da empresa para ver o alcance do impacto que transcende ao negocio.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- Data: xoves 7 de marzo de 2024
- Horario: 19:30 h.
- Entrada libre ata completar aforo.
- Formato: híbrido.
- Presencial: necesaria inscrición previa. Click aquí para inscrición. Lugar: Paraninfo do Reitorado da Universidade da Coruña. Ao final da conferencia, para facilitar o contacto entre as persoas asistentes, terá lugar un breve encontro de networking no vestíbulo do Paraninfo.
- Online: retransmisión por streaming. Click aquí para máis información