Pint of Science: Por que temos ideas de esquerdas ou de dereitas?

Fernando Bruna é profesor titular de crecemento económico e economía espacial na UDC, e membro do ECOBAS Interuniversitary Research Center. É licenciado en Ciencias Económicas, Graduado en Socioloxía e en Ciencias Políticas, Máster en Modelización Económica aplicada, e Doctor en Economía. A súa investigación ubícase na intersección das ciencias sociais coa xeografía e os métodos estatísticos.

Completan o cartel deste martes 19 de maio no Bar Árnica o investigador Víctor Noriega Concepción (INIBIC) coa charla “Cómo expliCAR-T la revolución que se avecina” sobre terapias avanzadas para o tratamento de enfermidades; e Nuria Mondéjar González (IEO-CSIC), co tema “En el océano ¿convivir o competir?”.

Dispoñible toda a información do Pint of Science 2026 na web oficial do festival


Participa no Galicia Finance Date 2026 de APD da man de ECOBAS

🗓️ Martes 28/04/26 🕐 Horario: de 9:30 h a 13:30 h 

📍 Hotel OCA Puerta del Camino. Santiago de Compostela.

📥 Descarga o programa detallado (PDF)

*️ Contacta directamente con ECOBAS se queres asistir 👉🏼 Solicitar convite 📨


A economía dos eventos extremos e dos ciberataques

Esta investigación trata de concienciar e documentar os cambios en patróns sobre ciber riscos, e como a xeopolítica xoga un papel importante para compañías públicas e privadas. A súa contribución pasa tamén por promover un diálogo sobre a unificación internacional de políticas internacionais para a ciberseguridade, co fin de conter na maior medida do posible a súa disruptividade en canto ao seu impacto socioeconómico, tendo en conta que as infraestruturas críticas convertéronse no novo obxectivo principal para os atacantes.

💻O evento, organizado pola Real Academia Galega de Ciencias como parte do ciclo de sesións científicas "Os martes da Academia", será retransmitido vía Zoom.

✍🏻Imprescindible inscrición previa, aquí.

 

 

 


"O poder na era da interdependencia global fragmentada", mesa-debate na Vigo Global Summit 2025

A crecente rivalidade entre potencias sitúa a economía no centro da política mundial. Nun contexto de fragmentación e desconfianza, os fluxos financeiros, as cadeas de suministro e as tecnoloxías críticas están a ser empregadas como ferramentas de poder e de seguridade nacional.

Nesta mesa asistiremos ao cruce de miradas económicas, políticas e sociais acerca do actual e futuro panorama global da man de:

  • Alicia García-Herrero, Economista Xefe para Asia Pacifico en Natixis
  • Brian WongProfesor da Universidade de Hong Kong
  • Ángel TalaveraEconomista Xefe para Europa de Oxford Economics
  • María Lorca-SusinoProfesora da Universidade de Miami

A Vigo Global Summit 2025, organizada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, contará coa visión de referentes de talla mundial como o economista e Premio Nobel de Economía 2024, Daron Acemoglu ou a economista María Lorca Susino, xunto a outros relatores de primeiro nivel nacional e internacional.

Toda a información na Web Oficial da Vigo Global Summit 2025.


Resultados dos barómetros a empresas e cidadanía | Espazo CECOCIB 2025

Presentación de resultados dos barómetros a cidadáns en empresas | Espacio CIBERGalicia 2025

Informacións prácticas:

  • DATA: Xoves 23 de outubro de 2025
  • HORA: 11:00 h.
  • ASISTENCIA PRESENCIAL: Cidade da Cultura de Galicia. Edificio da Biblioteca e o Arquivo de Galicia. Santiago de Compostela

Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a ecobas@ecobas.gal


Desigualdade, pobreza, igualdade de oportunidades e políticas públicas

Informacións prácticas:

  • XI EQUALITAS Workshop: "Desigualdade, pobreza, igualdade de oportunidades e políticas públicas"
  • Datas: 4 e 5 de setembro de 2025
  • Lugar: Vigo. Edificio Redeiras. Praza do Berbés, 11. 36202 Vigo.
  • Acceso gratuito, previa inscrición antes do 28 de xullo de 2025.
  • Descarga aquí o Programa detallado coa información para a inscrición.

Presentación do Informe da Economía Social en Galicia 2023

INFORMACIÓNS PRÁCTICAS

  • DATA: Mércores día 26 de marzo de 2025
  • HORA: 13:00 h.
  • MODALIDADE: Presencial. Acceso libre ata completar aforo.
  • LUGAR: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais. AULA B. Campus Norte - USC. Avda. Burgo das Nacións, s/n. Santiago de Compostela. 

PROGRAMA

  • Apertura:
    • Romina García, Vicedecana da Facultade de CC. Económicas e Empresariais.
    • Pîlar Murias, Vicerreitora de Estudantes​ da USC.
    • Marta Mariño, Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social. Xunta de Galicia​.
  • Presentación do Portal Estatístico da Economía Social en Galicia (GALESTAT) e do Informe da Economía Social en Galicia 2023. Maite Cancelo. Directora do CECOOP.
  • Que é Economía Social?
    • Mino Martínez, Presidente de Foroesgal.
    • Carlos Carrión, Sociedade Cooperativa Vitivinícola Arousana (bodegas Paco & Lola)
    • Xosé Lois Lamazares, Lugar da Veiga SLL (galletas Mariñeiras)
    • Rosa Gutérrez, Coregal Centro Especial de Emprego.
    • Víctor Manuel Blanco, Primicias Raiña EIL. Asociación Raiña Paraiso. Empresa de Inserción Laboral.

Máis información: xornal da USC.

Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a ecobas@ecobas.gal


Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC

5 DE FEBREIRO DE 2025 | Santiago de Compostela 

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebra o acto de entrega dos Premios de Investigadción Fundación Barrié-RAGC en Santiago de Compostela. A investigadora permanente de ECOBAS, Milagros Vivel Búa, recollerá o Premio na categoría de Ciencias Sociais, como coordinadora do equipo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC merecedor deste galardón polo traballo desenvolvido sobre a influencia do efecto contaxio do fracaso empresarial nas micro, pequenas e medianas empresas.

O estudo logra identificar como a proximidade xeográfica a empresas fallidas incrementa a probabilidade de fracaso no curto prazo, pero diminúe a longo prazo, o que proporciona novas perspectivas sobre a xestión do risco empresarial. “Neste senso, e ante contextos como o acontecido polo impacto da Covid-19 ou a recente dana de Valencia, a necesidade de deseñar estratexias que mitiguen o impacto do fracaso empresarial no curto prazo, pero sen comprometer efectos de longo prazo, require un coñecemento da dinámica deste proceso” -en palabras da investigadora, compartidas na nota informativa emitida pola RAGC.

Moitos, moitos parabéns, de parte de todo o Equipo ECOBAS!!!