
19/05/2025
ECOBAS en Pint of Science Vigo: Segregación escolar por estatus migratorio
“Segregación escolar por estatus migratorio“, con Coral del Río
Luns 19 de Maio de 2025, 20.00h (CET)
Vitruvia Café | Praza de Compostela, 5 – VIGO
ECOBAS participa novamente no festival gratuíto de ciencia en bares que, con máis dun milleiro de eventos en 75 localidades, espallará ciencia por toda España durante os días 19, 20 e 21 de maio.
Nesta X Edición, a investigadora permanente e membro do Comité de Igualdade de ECOBAS, Coral del Río, compartirá no Vitruvia Café de VIGO os seus achados con respecto á segregación escolar por estatus migratorio, un tema de máxima actualidade que está a transformar a realidade dos centros escolares nas nosas cidades.
Alí vos agardamos!!
Dispoñible toda a información do Pint of Science X Edición na web oficial do festival