Desigualdade, pobreza, igualdade de oportunidades e políticas públicas
A rede de investigación especializada na economía da desigualdade e a análise da pobreza, EQUALITAS, celebra os vindeiros 4 e 5 de setembro o seu XI Workshop nacional.
Organizado polas investigadoras de ECOBAS Olga alonso Villar e Coral del Río, xunto co profesor Carlos Gradín, estas sesións de traballo reunirán a máis dunha vintena de persoas expertas procedentes de diversas universidades españolas para afondar en distintos aspectos estruturais da desigualdade e da relación entre a igualdade de oportunidades e a pobreza.
Asuntos como a perpetuación de patróns laborais baseados no xénero ou a segregación escolar por condición de persoa inmigrante formarán parte dun programa de dúas xornadas aberto á asistencia de participantes, previa inscrición antes do día 28 de xullo.
O XI EQUALITAS Workshop conta coa colaboración de ECOBAS e da Universidade de Vigo e o financiamento do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Informacións prácticas:
- XI EQUALITAS Workshop: “Desigualdade, pobreza, igualdade de oportunidades e políticas públicas”
- Datas: 4 e 5 de setembro de 2025
- Lugar: Vigo. Edificio Redeiras. Praza do Berbés, 11. 36202 Vigo.
- Acceso gratuito, previa inscrición antes do 28 de xullo de 2025.
- Descarga aquí o Programa detallado coa información para a inscrición.