“O poder na era da interdependencia global fragmentada”, mesa-debate na Vigo Global Summit 2025
No marco da primeira xornada da Vigo Global Summit 2025, o catedrático da UVigo e investigador garante de ECOBAS Xosé H. Vázquez modera esta mesa redonda para reflexionar sobre os movementos no taboleiro xeoeconómico mundial e explorar se estamos ante o nacemento dun novo orde global ou ante a reedición de vellas estratexias con distintos medios.
A crecente rivalidade entre potencias sitúa a economía no centro da política mundial. Nun contexto de fragmentación e desconfianza, os fluxos financeiros, as cadeas de suministro e as tecnoloxías críticas están a ser empregadas como ferramentas de poder e de seguridade nacional.
Nesta mesa asistiremos ao cruce de miradas económicas, políticas e sociais acerca do actual e futuro panorama global da man de:
- Alicia García-Herrero, Economista Xefe para Asia Pacifico en Natixis
- Brian Wong – Profesor da Universidade de Hong Kong
- Ángel Talavera – Economista Xefe para Europa de Oxford Economics
- María Lorca-Susino – Profesora da Universidade de Miami
A Vigo Global Summit 2025, organizada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo, contará coa visión de referentes de talla mundial como o economista e Premio Nobel de Economía 2024, Daron Acemoglu ou a economista María Lorca Susino, xunto a outros relatores de primeiro nivel nacional e internacional.
Toda a información na Web Oficial da Vigo Global Summit 2025.