
Intelixencia artificial na investigación
Amosar de que forma o uso da IA pode mellorar o proceso de investigación é o obxectivo da conferencia que impartirá o investigador permanente de ECOBAS e coordinador do Programa Interuniversitario de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial, Miguel González Loureiro, na 14ª edición do ESTG Másters.
Baixo o título “Uso de inteligência artificial em investigação: como pode ajudar a melhorar o processo de investigação”, González Loureiro abordará na sesión plenaria conceptos ligados ao procesamento da linguaxe natural e o tipo de algoritmos que están detrás desta tecnoloxía, así como métodos para resumir, criticar, mellorar o fluxo de ideas e mesmo a posibilidade de obter código para programas estatísticos como R, STATA, ou SPSS e fórmulas para cálculos complexos en follas de cálculo.
Exemplos do uso da IA especificamente desenvolvida para a investigación e unha reflexión sobre as cuestión éticas e consellos para publicacións en revistas científicas completarán os contidos da conferencia.
Organizado pola Escola Superior de Tecnologia e Gestão (ESTG) e o Centro de Inovação e Investigação em Ciências Empresariais e Sistemas de Informação (CIICESI), este evento científico terá lugar no Politécnico do Porto o vindeiro 28 de febreiro.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- Mércores 28/02/24
- Horario: 14.30 a 15.30 h
- Actividade presencial: Escola Superior de Tecnologia e Gestão.
- Ubicación: Rua do Curral – Margaride 4610-156 Felgueiras PORTUGAL
- Web oficial ESTG Masters
- Máis información