19/11/2025

Impactando coa nosa investigación

Os resultados da nosa investigación, ao servizo da sociedade. O persoal de ECOBAS organiza e participa en diversos encontros coa cidadanía, co tecido empresarial, cos responsables públicos, con colectivos de diferentes sectores sociais e económicos, nesta nosa Semana de Portas Abertas 2025.

Este ano ECOBAS celebra por vez primeira unha semana de portas abertas acudindo a moitos lugares e organizando tamén actividade propia, co fin de compartir o coñecemento xenerado no noso centro de investigación e producir impactos positivos na nosa contorna.

Estaremos en moitos lugares. Agardámoste! Só tes que realizar a inscrición na/s actividade/s que che interesen.

O programa abrangue un percorrido polas catro áreas de especialización nas que se estrutura o noso labor de transferencia. Preme sobre as ligazóns para saber máis sobre as nosas capacidades e servizos:

Sostibilidade e economía circular | Organizacións e Ecosistemas de Innovación | Estratexia de Datos e Intelixencia Empresarial | Persoas, saúde e benestar

Ou descarga aquí o Catálogo de Servizos ECOBAS 25/26

SEMANA DE PORTAS ABERTAS ECOBAS 2025 | PROGRAMACIÓN

  • Martes, 25 NOV en Lugo >>> “A ciencia a favor do territorio”, mesa redonda con Isabel Neira, no marco do Foro CONECTA LUGO. +info
  • Mércores, 26 e Xoves 27 NOV en Madrid >>> “SustAInability”, xornadas sobre a intelixencia artificial dende a perspectiva da sostibilidade, na Real Academia de Ingeniería, con María Loureiro. +info
  • Mércores, 26 NOV na Coruña >>> “Discursos de odio contra as mulleres nas contornas dixitais: Aspectos sociais e económicos”, con Ángeles Longarela Ares, na FEE da UDC. +info
  • Xoves, 27 NOV en Santiago de Compostela >>> “Ciberseguridade: protección da cidadanía e crecemento económico”, xornada da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), con Alberto Vaquero e María Bastida. +info
  • Venres, 28 NOV en Santiago de Compostela >>> “The Future of Water”, xornada de conexión entre a academia e os axentes empresariais, con María Loureiro. +info
  • Venres, 28 NOV en Santo Estevo de Rivas do Sil >>> “Emprendemento ligado ao territorio”, con Isabel Neira, no marco do espazo de encontro Ultreia Galicia, en Santo Estevo de Rivas do Sil (Ourense). +info