
A IA dende a perspectiva da sostibilidade: xornadas “SustAInability” en Madrid
A irrupción masiva da Intelixencia Artificial (IA) nas vidas de milleiros de persoas en todo o planeta e o efecto disruptivo que está a provocar en múltiples ámbitos require dunha mirada crítica, analítica, experta e serea, baixo o prisma da sostibilidade.
Para abordar as implicacións desta tecnoloxía na a gobernanza global e analizar os seus efectos transformadores na economía e nos modelos de crecemento e convivencia, a Universidade de Granada, a Universidade de Santiago de Compostela, a Real Academia de Ingeniería e ADIA Lab organizan o encontro “SustAInability” os vindeiros 26 e 27 de novembro en Madrid.
Neste foro, que servirá ademais para afondar nos riscos e os retos que o desenvolvemento e a implantación masiva da IA plantexa, poderanse escoitar pluralidade de voces expertas e autorizadas en cada un dos ámbitos de análise. Entre elas, a do Premio Nobel e Ex Secretario de Estado de Enerxía de EEUU, Steven Chu.
A directora científica de ECOBAS e IP de EcoIuris da USC, María Loureiro, coorganiza xunto con Francisco Herrera (Cátedra IA, RAI) e Marcos López de Prado (ADIA Lab, Cornell University) estas xornadas, que contan coa colaboración do Instituto Andaluz Interuniversitario en Ciencia de Datos e Inteligencia Computacional, ECOBAS, Fields e United Nations University.
EVENTO PRESENCIAL
- DATAS: Mércores 26 de novembro de 9.30 a 20.30 h 14.00 h. e xoves 27 de novembro de 9.00 h a 14.00 h.
- LUGAR: Real Academia de Ingeniería. Calle Don Pedro, 10, 28005 Madrid. Ver ubicación.
- DESCARGAR PROGRAMA
- Solicita a túa INSCRICIÓN AQUÍ