
28/11/2025
Xornada de portas abertas: “The Future of Water”
O grupo de investigación EcoIuris da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza, coa colaboración de ECOBAS, a xornada “O Futuro da Auga” o vindeiro día 28 de novembro na capital compostelana.
Coa participación de persoas expertas na investigación da auga, procedentes de diferentes puntos de España e Portugal, esta sesión servirá para analizar a política hídrica do país dende unha perspectiva económica, así como para abordar as características específicas dos chamados “mercados da auga” e os retos e desafíos que presenta a xestión dun ben imprescindible para as persoas, os animais e o planeta.
Baixo a coordinación da directora científica de ECOBAS e IP de EcoIuris, María Loureiro, a xornada está aberta a todas as entidades, públicas e privadas, con responsabilidade sobre a utilización, control, distribución e consumo dos recursos hídricos para satisfacer as necesidades humanas e ambientais actuais e futuras.
EVENTO HÍBRIDO
- DATA: Venres 28 de novembro, 2025
- HORARIO: de 9.00 a 14.00 h.
- LUGAR: Facultade de CC. Económicas e Empresariais – Universidade de Santiago de Compostela (Campus Norte – Avda. Burgo das Nacións, s/n)
- INSCRICIÓN:
- Solicita aquí a túa inscrición para asistencia PRESENCIAL. Aforo limitado.
- Realiza aquí o teu rexistro previo para asistencia ONLINE en directo