27/11/2025

Xornada “Ciberseguridade: protección da cidadanía e crecemento económico”

Sabemos cuantificar o custo da ciberdelincuencia en España? Coñecemos a avaliación de impacto en perdas ou do gasto que para as empresas significa a reparación de danos derivados dos ciberataques? Podemos valorar os beneficios de acometer investimentos en ciberseguridade nas nosas organizacións?

A análise do sector e a estimación para España do custo da ciberdelincuencia son algúns dos aspectos que se abordan no traballo “Guardianes digitales para un crecimiento sostenible: ciberseguridad y protección ciudadana en la era de la transformación digital”, dirixido polo investigador de ECOBAS Alberto Vaquero.

Este estudo, XXII PREMIO DE INVESTIGACIÓN CES ESPAÑA, será presentado na xornada “Ciberseguridad: protección de los ciudadanos y crecimiento económico”, que a Confederación de Empresarios de Galicia celebra o vindeiro xoves 27 de novembro en Santiago de Compostela.

Nunha mesa redonda moderada polo presidente do Consejo Económico y Social de España, Antón Costas, A. Vaquero estará acompañado pola codirectora da Cátedra Economía da Ciberseguridade CECOCIB USCINCIBE e tamén investigadora de ECOBAS participante neste traballo, María Bastida.

Nesta sesión, na que tamén participará o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño Iglesia, seremos quen de coñecer como o sector da ciberseguridade se está a transformar nunha actividade empresarial moi dinámica, cunha importante capacidade de creación de emprego e derivadas de alto impacto na economía e noutros asuntos de moi amplo espectro, como a gobernanza global.

Organizado pola Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), este encontro conta coa colaboración do Consejo Económico y Social de España (CES).

INFORMACIÓNS PRÁCTICAS