
26/11/2025
Obradoiro 25N “Discursos de odio contra as mulleres nas contornas dixitais: Aspectos sociais e económicos”
Co gallo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, a investigadora de ECOBAS Ángeles Longarela Ares imparte esta sesión xunto co profesor Francisco Casado Garrocho.
A Oficina de Igualdade de Xénero (OIX) da UDC colabora na organización desta actividade, como parte da programación para loitar pola eliminación da violencia contra as mulleres.
Descarga aquí o CARTAZ da actividade.
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- DATA: Mércores 26 de novembro, 2025
- HORARIO: de 11.30 a 13.00 h.
- LUGAR: Sala da Biblioteca da Facultade de Economía e Empresa (FEE) da UDC. Campus de Elviña. A Coruña.
- INSCRICIÓN:
- Solicita aquí a túa inscrición para asistir PRESENCIALMENTE. Aforo limitado.