Excelencia científica | Programa de formación continua para persoal investigador
PROGRAMACIÓN ABRIL 2024
-
18/04/24: TESES DOUTORAIS con Ana Olveira Blanco
-
19/04/24: PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS con Antonio Álvarez Pinilla
-
25/04/24: OPEN ACCESS con Belén Rubio Armesto
-
26/04/24: INTELIXENCIAS ARTIFICIAIS XENERATIVAS con Miguel González Loureiro
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- Persoas destinatarias: persoal investigador permanente, posdoutoral e predoutoral do eido das Ciencias Sociais.
- Horario: de 12.00 h a 13.00 h
- Modalidade de impartición: híbrida síncrona
- Lugar: online (Microsoft Teams) e presencial nas distintas ubicacións de ECOBAS (consultar axenda).
Máis información e consultas:
Itinerario de Innovación para a Transferencia | OBRADOIRO 3
3º WORKSHOP: APRAZADO - Nova data proximamente
A área de Transferencia de ECOBAS organiza a última sesión do itinerario plantexado para traballar na potenciación da capacidade do persoal investigador do Centro en materia de transferencia, incrementando as posibilidades de colaboración internas e a xeneración de solucións innovadoras que supoñan un impacto significativo a nivel social, económico e ambiental na nosa contorna. SESIÓN APRAZADA (a nova data será anunciada proximamente).
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- Persoas destinatarias: persoal investigador de ECOBAS permanente, posdoutoral e predoutoral.
- Data: PENDENTE
- Horario: de 12.00 h a 14.30 h
- Modalidade de impartición: híbrida síncrona
- Lugar: online (Microsoft Teams) e presencial na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da UVIGO.
- Imprescindible inscrición previa.
IV PRICIT Doctoral Workshop
ECOBAS e o Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económia e Estratexia Empresarial colaboran coa UVigo, UAM e ASEPUC na organización deste 2024 PRICIT Doctoral Workshop, que retransmitirá en streaming de vídeo as conferencias centrais das dúas xornadas:
KEYNOTE SPEAKERS
DÍA 1: "Management accounting"

Lucía Bellora-Bienengräber, Dr, University of Groningen, The Netherlands
Xoves 11 de abril de 2024
17:00 - 18:00 h
DÍA 2: "Good research practices"

Beatriz García Osma, Universidad Carlos III de Madrid
Venres 12 de abril de 2024
11:00 - 12:00 h
Descarga aquí o programa completo do IV PRICIT DOCTORAL WORKSHOP
O IV PRICIT DOCTORAL WORKSHOP ofrece ao alumnado de doutoramento o espazo idóneo para presentar, debater, recibir comentarios e intercambiar opinións nunha comunidade académica formada por estudantado de doutoramento e persoal investigador senior. E por suposto e tan importante coma o anterior, para establecer e fornecer relacións académicas dentro da comunidade.
Comité Organizador do 2024 PRICIT Doctoral Workshop:
- Beatriz García Osma, Universidad Carlos III Madrid and ASEPUC Financial Reporting Network.
- Belén Gill de Albornoz Noguer, Universidad Jaume I and ASEPUC Financial Reporting Network.
- Ana Gisbert Clemente, Universidad Autónoma de Madrid.
- Jacobo Gómez Conde, Universidad Autónoma de Madrid.
- Cristina Grande Herrera, ICADE
- Ernesto López-Valeiras Sampedro, Universidad de Vigo
- Francisca Pardo Pérez, Universidad de Valencia and ASEPUC Financial Reporting Network
Itinerario de Innovación para a Transferencia | OBRADOIRO 2
2º WORKSHOP: xoves 21 de marzo de 2024
A área de Transferencia de ECOBAS pon en marcha este itinerario para traballar na potenciación da capacidade do persoal investigador do Centro en materia de transferencia, incrementando as posibilidades de colaboración internas e a xeneración de solucións innovadoras que supoñan un impacto significativo a nivel social, económico e ambiental na nosa contorna.
As dinámicas das sesións servirán para impulsar os procesos de co-creación do persoal investigador, dar continuidade ás propostas nacidas do Sprint de Innovación do pasado mes de novembro e buscar a máxima eficiencia do noso modelo de transferencia.
Chamamos á participación activa de TODO o persoal investigador de ECOBAS neste estimulante itinerario, tanto IPs coma investigadores pre e posdoutorais vinculados, idealmente de maneira presencial ou online se esta é a alternativa posible.
INSCRICIÓN PECHADA PARA ESTA ACTIVIDADE
Click aquí para descargar o programa detallado (PDF)
INFORMACIÓNS PRÁCTICAS
- Persoas destinatarias: persoal investigador de ECOBAS permanente, posdoutoral e predoutoral.
- Data: xoves 21 de marzo de 2024.
- Horario: de 12.00 h a 14.30 h.
- Modalidade de impartición: híbrida síncrona.
- Lugar: online (Microsoft Teams) e presencial na Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC.
- Imprescindible inscrición previa.








