15/03/2024
Financiación para startups tecnolóxicas e empresas en expansión
Venres 15 de marzo ás 9:30h (CET)
Accounting and Finance for Entrepreneurship Monitor, AFFE qu, o observatorio para a mellora da xestión financeira de emprendedores e pequenos empresarios, organiza a xornada Financiación para startups tecnolóxicas e empresas en expansión o vindeiro 15 de marzo en Vigo.
O encontro, que será en formato híbrido (presencial/online) servirá para coñecer distintas vías de financiamento para o desenvolvemento e a consolidación de novas tecnoloxías e empresas en expansión e achegar as experiencias extraídas de recentes casos de éxito.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- Data: venres 15/03/24
- Horario: de 9:30 a 12:30 h
- FORMATO: híbrido.
- Asistencia: Presencial, en Círculo de Empresarios de Galicia (Avda. García Barbón, 62 – VIGO) ou Online.
- Entrada libre previa inscrición: Formaliza aquí a túa inscrición
- Máis información