AULA ABERTA | Democracia e transparencia: o papel do control externo da xestión pública
Venres 15 de marzo ás 12:45h (CET)
No marco da súa programación de actividades de divulgación, a Aula Aberta ECOBAS celebra o vindeiro 15 de marzo en Vigo a conferencia-coloquio “Democracia e transparencia: o papel do control externo da xestión pública”, na que contaremos coa intervención de Anxo Calvo, Conselleiro de Contas.
Á fronte da área de fiscalización de Institucional no Consello de Contas dende febreiro de 2022, Anxo Calvo Silvosa é licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais e profesor titular de Economía Financeira e Contabilidade da Universidade da Coruña. Foi vicerreitor de Planificación e Estratexia Económica entre 2004 e 2005 e decano da Facultade de Economía e Empresa desde 2011 a 2019 na mesma universidade. Asimesmo ocupou o cargo de director xeral de Industria, Enerxía e Minas na Xunta de Galicia, no período 2005 a 2009.
INFORMACIÓN PRÁCTICA
- Data: venres 15/03/24
- Horario: de 12:45 h a 13:30 h
- Formato: híbrido.
- Presencial: Facultade de CC. Económicas e Empresariais – Aula 7 – Campus As Lagoas Marcosende (VIGO)
- Online: a través de zoom. ID de reunión: 820 0393 0755. Clave de acceso: 681656. Enlace para acceder á reunión