Investigador/a colaborador/a para análise do impacto económico e social da tecnoloxía aplicada á mellora da saúde cardiaca
CONTRATO para o proxecto NEWHEART: avaliación do impacto económico e social das novas aplicacións críticas baseadas nas tecnoloxías e probas non invasivas para a mellora da saúde cardiaca na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
REFERENCIA DA PRAZA: 2023-PI012 | Solicitudes ata o venres 9 de abril de 2026 |
Técnico/a Superior de Xestión en ECOBAS
Convocatoria para a cobertura do posto de xestión do Centro de Investigación Interuniversitario:
Referencia da oferta: 2023-PG117
ECOBAS, o Centro de Investigación Interuniversitario especializado no estudo da sostibilidade, convoca na categoría de ✳ Técnico/a Superior de Xestión ✳ o proceso para a cobertura dun posto temporal na súa sede da USC, en Santiago de Compostela.
ℹ Condicións da oferta:
✔ Contrato a tempo parcial (26.25 h/semana)
✔ Duración do contrato: 6 meses
✔ Ubicación: Santiago de Compostela
✔ Salario: 1.903,63 € brutos/mes
📅 Solicitudes: ATA o 26 de novembro de 2025 ás 23.59 h.
Preme aquí para acceder á información completa da oferta na Convocatoria Pública 18/2025 da USC publicada con data 19/11/25
Técnico/a de Xestión no Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS
Convocatoria para a cobertura do posto de xestión do Centro de Investigación Interuniversitario:
Referencia da oferta: 2824-144219
PROCESO FINALIZADO
ECOBAS, o Centro de Investigación Interuniversitario especializado no estudo da sostibilidade, convocou na categoría de ✳ Técnico Superior de apoio á investigación modalidade C ✳ a posición para a cobertura do posto de responsable da área de xestión do centro.
ℹ Condicións da oferta:
✔ Contrato a tempo completo (37.5 h/semana)
✔ Duración do contrato: indefinida
✔ Ubicación: Vigo
✔ Salario: 2.400 € brutos/mes
📅 Solicitudes: ATA o 2 de xaneiro de 2025 ás 23.59 h.📅 Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas: 7 de xaneiro de 2025 📅 Prazo de alegacións: ATA o 9 de xaneiro de 2025 ás 23.59 h.
Preme aquí para acceder á información completa da oferta publicada no concurso de méritos por tramitación de urxencia 2824 da Universidade de Vigo
Persoal investigador colaborador: Análise da ciberseguridade no sector empresarial
CONTRATO PARA A ANÁLISE DA CIBERSEGURIDADE NO SECTOR EMPRESARIAL
Referencia da PRAZA: 2023-CP149
ECOBAS, o Centro de Investigación Interuniversitario especializado no estudo da sostibilidade, ten aberta na categoría de ✳ Investigador/a colaborador/a ✳ unha posición para a análise da ciberseguridade no sector empresarial e o desenvolvemento das seguintes funcións: deseño de protocolos de recollida de datos, análise de datos e elaboración de borrador de resultados.
ℹ Condicións da oferta:
✔ Contrato a tempo completo (35 horas semanais), horario de 9.00-16.00h
✔ Duración do contrato: 1 mes
✔ Ubicación: Santiago de Compostela
✔ Salario: 1.720,95€ brutos/mes
📅 Solicitudes: ATA o martes 15 de outubro de 2024 ás 23.59 h.
Preme AQUÍ para acceder á convocatoria pública 15/2024 da Universidade de Santiago de Compostela
Persoal investigador predoutoral en formación
CONTRATO PARA A REALIZACIÓN DUNHA TESE DE DOUTORAMENTO VINCULADA AO PROXECTO NEWHEART
Referencia da PRAZA: 2023-PI012.03
ECOBAS, o Centro de Investigación Interuniversitario especializado no estudo da sostibilidade, ten aberta para ✳ Persoal investigador predoutoral en formación ✳ unha posición para a realización dunha tese de doutoramento vinculada ao proxecto New Heart: Mellora da saúde cardíaca na Eurorrexión.
Funcións: Análise causal para determinar os impactos socioeconómicos dos pacientes beneficiarios das novas tecnoloxías non invasivas -análise custo-beneficio.
ℹ Condicións da oferta:
✔ Contrato a tempo completo (35 horas semanais), horario de 9.00-15.00h
✔ Duración de contrato: 26 meses
✔ Ubicación: Santiago de Compostela
✔ Salario: 1.298,61€ brutos/mes
📅 Solicitudes: ATA o martes 17 de setembro de 2024 ás 23.59 h.
Convocatoria pública 14/2024 da Universidade de Santiago de Compostela
Técnico/a de Xestión no Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS
COBERTURA DUN POSTO DE TÉCNICA/O SUPERIOR DE XESTIÓN
Referencia da PRAZA: 2023-PG117
PROCESO FINALIZADO
ECOBAS, o Centro de Investigación Interuniversitario especializado no estudo da sostibilidade, selecciona para coordinación, seguemiento e apoio administrativo candidaturas para a cobertura da praza de ✳ Técnico/a superior de xestión: Grao, licenciatura, enxeñaría ou equivalentes ✳
ℹ Condicións da oferta:
✔ Contrato a tempo parcial (75%), horario de 9.00-14.15h
✔ Duración de contrato: 12 meses
✔ Ubicación: Santiago de Compostela
✔ Salario: 1.782,92€ brutos/mes
📅 Solicitudes: ATA o vindeiro martes 17 de setembro
Convocatoria pública 14/2024 da Universidade de Santiago de Compostela
Técnico/a de Xestión no Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS
Convocatoria para a cobertura do posto de xestión do Centro de Investigación Interuniversitario:
Concurso de méritos 0424 da Universidade de Vigo
Referencia da oferta: 0424-127173
PROCESO FINALIZADO
Convocatoria permanente para a incorporación de persoal investigador posdoutoral
Chamada aberta permanentemente, dirixida ó persoal investigador posdoutoral que queira incorporarse ó Centro de Investigación ECOBAS a través de convocatorias públicas de captación de recursos humanos coma:
- Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral (Xunta de Galicia)
- Axudas Beatriz Galindo (Ministerio de Educación e Formación Profesional)
- Axudas Ramón y Cajal e Juan de la Cierva (Ministerio de Ciencia e Innovación)
- Axudas Margarita Salas e María Zambrano (Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade da Coruña)
- Postdoctoral Fellowships - Marie Slodowska-Curie Actions (Comisión Europea)
- Outras
Contratación de persoal de apoio para o proxecto europeo "Erasmus+KA2 We’re IN, Women EntREpreneurs IN action!"
Requisitos das/os candidatas/os:
- Grado en ADE/diplomatura ou licenciatura.
- Capacidade para a elaboración de documentos docentes.
- Experiencia en docencia de creación, financiación e xestión de empresas ou experiencia profesional equivalente relevante no ámbito empresarial.
- Formación metodóloxica.
Os interesados deberán enviar o seu CV á dirección de e-mail:
Data límite de recepción de candidaturas: 4 de febreiro ás 14:00hrs
Proceso de selección de candidaturas para a convocatoria Ramón y Cajal 2021
Candidaturas ata o 10 de xaneiro de 2022 ás 23.00h





