Persoal investigador colaborador: Análise da ciberseguridade no sector empresarial

CONTRATO PARA A ANÁLISE DA CIBERSEGURIDADE NO SECTOR EMPRESARIAL

Referencia da PRAZA: 2023-CP149

ECOBAS, o Centro de Investigación Interuniversitario especializado no estudo da sostibilidade, ten aberta na categoría de ✳ Investigador/a colaborador/a ✳ unha posición para a análise da ciberseguridade no sector empresarial e o desenvolvemento das seguintes funcións: deseño de protocolos de recollida de datos, análise de datos e elaboración de borrador de resultados.

ℹ Condicións da oferta:
✔ Contrato a tempo completo (35 horas semanais), horario de 9.00-16.00h
✔ Duración do contrato: 1 mes
✔ Ubicación: Santiago de Compostela
✔ Salario: 1.720,95€ brutos/mes
📅 Solicitudes: ATA o martes 15 de outubro de 2024 ás 23.59 h.

Preme AQUÍ para acceder á convocatoria pública 15/2024 da Universidade de Santiago de Compostela