Seminario de Investigación Junior: Mariana Santos, Universidade de Vigo
Datos de acceso para asistencia online dispoñibles proximamente.
* Se participas neste seminario e precisas un certificado de asistencia ao mesmo, por favor envía un correo a . Se a túa asistencia é virtual, deberás conectarte empregando o teu nome e apelidos.
Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC
5 DE FEBREIRO DE 2025 | Santiago de Compostela
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebra o acto de entrega dos Premios de Investigadción Fundación Barrié-RAGC en Santiago de Compostela. A investigadora permanente de ECOBAS, Milagros Vivel Búa, recollerá o Premio na categoría de Ciencias Sociais, como coordinadora do equipo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC merecedor deste galardón polo traballo desenvolvido sobre a influencia do efecto contaxio do fracaso empresarial nas micro, pequenas e medianas empresas.
O estudo logra identificar como a proximidade xeográfica a empresas fallidas incrementa a probabilidade de fracaso no curto prazo, pero diminúe a longo prazo, o que proporciona novas perspectivas sobre a xestión do risco empresarial. “Neste senso, e ante contextos como o acontecido polo impacto da Covid-19 ou a recente dana de Valencia, a necesidade de deseñar estratexias que mitiguen o impacto do fracaso empresarial no curto prazo, pero sen comprometer efectos de longo prazo, require un coñecemento da dinámica deste proceso” -en palabras da investigadora, compartidas na nota informativa emitida pola RAGC.
Moitos, moitos parabéns, de parte de todo o Equipo ECOBAS!!!
Evento de recoñecemento dos Centros CIGUS
11 DE FEBREIRO DE 2025 | Santiago de Compostela
A Secretaría Xeral de Universidades convoca este evento aberto a todo o persoal investigador (predoutorais, posdoutorais, IPs,..) como punto de encontro de todo o ecosistema de I+D, co obxectivo de visibilizar a ciencia excelencia que se fai en Galicia.
Este encontro terá carácter PRESENCIAL. As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse a través do formulario online habilitado AQUÍ.
Data: Martes 11/02/2025
Horario: 11:30 h a 13:00 h
Lugar: Cidade da Cultura (Museo do Centro Gaiás, Andar -1) - Santiago de Compostela
Ciencia e conciencia no século XXI: I Xornadas de Centros de Investigación Interuniversitarios do SUG
10.00h Café de benvida
10.30h Apertura
10.45h Presentación dos tres centros
11.15h Ciencia Aberta: o coñecemento como un ben público.
Conferencia de Pilar Rico, Xefa da Unidade de Ciencia Aberta da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, FECYT.
12.00h Debate
12.30h Breve descanso
12.45h Ciencia no século XXI: límites, ética e necesidades sociais da investigación.
Conferencia de Joan Subirats, Ex ministro de Universidades. Catedrático de Ciencia Política e investigador do Instituto de Goberno e Políticas Públicas da Universidad Autónoma de Barcelona.
13.30h Debate
14.00h Xantar
15.00h Grupos de traballo: Ciencia con e para a sociedade pensada a partir dos desafíos deste tempo
• G1: Tecnoloxía (IA)
• G2: Ambiental
• G3: Social
16.30h Clausura
17.00h Visita ao Galiverso
LAB-ECOBAS: Xornada presentación
En LAB-ECOBAS traballamos para transformar e impulsar a innovación na actividade empresarial, industrial e das institucións, organismos e administracións públicas. Nesta xornada de presentación, daremos a coñecer como toman forma os resultados da nosa investigación e como o coñecemento xenerado no noso Centro de Investigación se materializa para transformar a sociedade.
Os nosos proxectos levan o selo da sostibilidade e impactan positivamente na actividade económica, no uso e na conservación dos recursos naturais e tamén na calidade de vida das persoas.
Queres que colaboremos? Conéctate a este LIVE para saber máis de nós.
Agardámoste!!











