Ciencia e conciencia no século XXI: I Xornadas de Centros de Investigación Interuniversitarios do SUG
20 DE FEBREIRO DE 2025 (Sala 9 – Edifico Fontán, Cidade da Cultura | Santiago de Compostela)
O Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga), Economics and Business Administration for Society (ECOBAS) e o Centro de Investigación Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), unen forzas para organizar a I Xornada dos centros de investigación interuniversitarios do SUG: Ciencia e conciencia no S.XXI. Estas xornadas queren servir para dar a coñecer os tres centros de investigación de nova xeración e para achegar aos seus investigadores e investigadoras en estratexias comúns de cooperación.
Ademáis, preténdese promover un debate social sobre a ciencia no século XXI, a súa vinculación coas necesidades sociais e tamén as ameazas e retos a que se debe enfrontar a investigación nun mundo que muda a unha grande velocidade en termos tecnolóxicos e ambientais, indagando e pensando liñas multi ou transdisciplinares de traballo a través da definición de problemas de investigación de alcance social tecnolóxico ou ambiental no mundo de hoxe.
- Descarga aquí o programa das xornadas
- Solicita a túa inscrición a través do formulario de rexistro en liña.
Contamos coa vosa presenza!
10.00h Café de benvida
10.30h Apertura
10.45h Presentación dos tres centros
11.15h Ciencia Aberta: o coñecemento como un ben público.
Conferencia de Pilar Rico, Xefa da Unidade de Ciencia Aberta da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, FECYT.
12.00h Debate
12.30h Breve descanso
12.45h Ciencia no século XXI: límites, ética e necesidades sociais da investigación.
Conferencia de Joan Subirats, Ex ministro de Universidades. Catedrático de Ciencia Política e investigador do Instituto de Goberno e Políticas Públicas da Universidad Autónoma de Barcelona.
13.30h Debate
14.00h Xantar
15.00h Grupos de traballo: Ciencia con e para a sociedade pensada a partir dos desafíos deste tempo
• G1: Tecnoloxía (IA)
• G2: Ambiental
• G3: Social
16.30h Clausura
17.00h Visita ao Galiverso