
31/01/2025
Sesión de benvida para o novo persoal investigador do Centro de Investigación ECOBAS
31 DE XANEIRO DE 2025 | Online en directo a través de ECOBAS Academy (vía Teams)
O Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS convoca a primeira xuntanza do equipo investigador para dar a benvida ao novo persoal que se incorpora ao Centro unha vez rematado o proceso de adscrición aberto no ano 2024.
Un total de 31 novos membros permanentes e 11 novos membros temporais están chamados a esta reunión, que celebraremos online e para a que é preciso realizar o REXISTRO PREVIO.