13/02/2025

A pegada das mulleres: Enfoques dende as Ciencias Sociais | Xornada polo Día da Muller e da Nena na Ciencia

En ECOBAS temos moito que contarvos con motivo da semana da muller e da nena na ciencia. Neste encontro online de portas abertas, investigadoras do noso Centro compartirán a súa mirada dende as ciencias sociais para seguir impulsando o rol das mulleres en distintos ámbitos da nosa sociedade:

  • Cómo mellorar o emprendemento feminino
  • Os plans de igualdade nas empresas: resultados e reflexións
  • Divulgación, docencia e investigación en economía e finanzas: un enfoque feminista e interseccional

Agardámoste!!

Informacións prácticas:

  • DATA: Xoves día 13 de febreiro de 2025
  • HORARIO: de 12:00 h a 13:30 h.
  • MODALIDADE: Online. Retransmisión en directo vía TEAMS.
  • INSCRICIÓN: Imprescindible rexistro previo aquí.
  • Descarga o PDF co programa da sesión.

Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a