LAB-ECOBAS: Xornada presentación
Como toman forma aos resultados da nosa investigación? LAB-ECOBAS é o espazo de traballo no que poñemos o coñecemento xenerado no noso Centro de Investigación ao servizo da sociedade.
Nesta xornada daremos a coñecer como artellamos as capacidades do noso equipo investigador para dar servizo á sociedade a través de dúas liñas de traballo principais: o deseño de proxectos innovadores para empresas e sectores produtivos e a formulación e avaliación de políticas públicas.
A xornada, de carácter presencial, tamén será retransmitida online en directo. Consulta o PDF co programa da sesión.
Informacións prácticas:
- DATA: Venres día 17 de xaneiro de 2025
- HORARIO: de 12:00 h a 14:00 h.
- ASISTENCIA PRESENCIAL: Salón de Graos da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC. Campus Norte, Santiago de Compostela. Pregamos confirmación de asistencia a través do formulario web habilitado.
- TRANSPORTE: aboamento dos gastos aos membros de ECOBAS (previa comunicación e especificación dos medios a empregar).
- ASISTENCIA ONLINE: En directo vía TEAMS. Imprescindible rexistro previo aquí.
Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a
En LAB-ECOBAS traballamos para transformar e impulsar a innovación na actividade empresarial, industrial e das institucións, organismos e administracións públicas. Nesta xornada de presentación, daremos a coñecer como toman forma os resultados da nosa investigación e como o coñecemento xenerado no noso Centro de Investigación se materializa para transformar a sociedade.
Os nosos proxectos levan o selo da sostibilidade e impactan positivamente na actividade económica, no uso e na conservación dos recursos naturais e tamén na calidade de vida das persoas.
Queres que colaboremos? Conéctate a este LIVE para saber máis de nós.
Agardámoste!!