VITICULTORES MARTÍN CÓDAX S. Coop. Galega: Juan Vázquez Gancedo (Director xeral)

Para facilitar o desprazamento a Cambados temos previsto un servizo de autobús totalmente gratuíto con saída dende A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo e Pontevedra para as persoas que queiran asistir, e que previamente así o soliciten ó facer a súa inscrición.

Nesta ocasión o seminario non será retransmitido, polo que so se poderá asistir presencialmente.

Lembramos que é obrigatorio inscribirse previamente, antes do 17 de novembro, a través do formulario habilitado para tal fin. ¡Non quedes sen a túa praza!

Inscríbete aquí.

Nos arquivos adxuntos atoparás unha breve biografía do relator, así coma os horarios previstos para os desprazamentos dende A Coruña/Santiago e Vigo/Pontevedra.


Elena Ferro (Zoqueira e Premio Nacional de Artesanía 2019)

LibradeOficioElenaFerro.pdf

A expresión “libra de oficio” provén do refrán popular “Máis vale libra de oficio ca arroba de terra”, o cal ten o mesmo significado que “O saber vale máis có haber” ou “O saber vale máis có ter”.
Este refrán, baseado en unidades de medición tradicionais, destaca o concepto de formación vinculado a ECOBAS (oficio – saber) e manifesta a súa importancia no estudo na economía e da creación de riqueza.