Elena Ferro (Zoqueira e Premio Nacional de Artesanía 2019)
A artesá de Merza conversará cos asistentes ó seminario sobre Eferro, a empresa familiar con máis de cen anos de tradición no oficio dos zocos.
Martes 21 de setembro ás 16.30h (CET)
LOCALIZACIÓN: Museo do Pobo Galego
ONLINE : https://tv.uvigo.es/live/5b609fcd8f42086f216258ac
Inscrición a través do seguinte formulario
(necesaria inscrición previa debido a control de aforo e protocolo COVID)
Teremos agasallos para as 20 primeiras persoas inscritas
Sortearemos uns zocos modleo “Leiro” entre todos os asistentes.
A expresión “libra de oficio” provén do refrán popular “Máis vale libra de oficio ca arroba de terra”, o cal ten o mesmo significado que “O saber vale máis có haber” ou “O saber vale máis có ter”.
Este refrán, baseado en unidades de medición tradicionais, destaca o concepto de formación vinculado a ECOBAS (oficio – saber) e manifesta a súa importancia no estudo na economía e da creación de riqueza.