09/11/2021

Cooperativa Muuhlloa: Chusa Expósito Casal (Presidenta) e Carmela Valiño (Secretaria)

Chusa Expósito Casal e Carmela Valiño Vázquez , presidenta e secretaria da Cooperativa Muuhlloa, falarán do funcionamento da súa cooperativa, que traballa día a día para a revitalización do rural a través da innovación e a produción ecolóxica.

Teremos agasallos para os 20 primeiros en chegar e sortearase unha cesta de produtos da cooperativa entre todos os asistentes.

Martes 9 de novembro ás 19.00h (CET)

LOCALIZACIÓN: Salón de graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC (Santiago de Compostela)

ONLINE : https://www.youtube.com/watch?v=R85DhdNzkrQ

 

___________________________________

 

Libra de Oficio é o noso ciclo de seminarios-conferencias de transferencia do coñecemento, no que convidamos a persoas pertencentes a distintas entidades de interese (empresas, administracións, asociacións…) a compartir con nos a súa experiencia e achegarnos as particularidades do seu sector e o seu traballo.