I Congreso Internacional UTransfer: Transferencia de coñecemento e innovación social nas institucións de ciencia e innovación
I Congreso Internacional UTransfer:
"Transferencia de coñecemento e innovación social nas institucións de ciencia e innovación"
📥 Programa preliminar (PDF) ✍🏻 Inscrición gratuíta AQUÍ
📅 Luns 6 de xullo de 2026📍Facultade de CC. Económicas e Empresariais da USC

📢 CALL for Papers 📢 18º Congreso Internacional de Turismo
📚 MULTIDISCIPLINARIEDADE E INTERCAMBIO 📊
O ITC’26 reunirá a persoal investigador dos diferentes ámbitos da sostibilidade no turismo transfronteirizo, a hostelaría e a restauración, e convida a responsables da administración pública, líderes empresariais e profesionais que desexen debater e compartir as súas experiencias sobre as tendencias máis recientes neste eido.
O programa incluirá aportancións dende múltiples disciplinas: economía, xestión empresarial, socioloxía, xeografía, estudos culturais, ciencias ambientais e tecnoloxía, recollendo a multiperspectiva e a naturaleza complexa na que se conceptualiza o sector.
📢 DATAS RELEVANTES
- Límite para envío de resumos ampliados: 30 de xuño de 2026
- Notificación de aceptación a autores: 10 de xullo de 2026
- Inscrición: 31 de xullo de 2026
- Data límite para envío de artígos completos: 10 de setembro de 2026
- Celebración do Congreso: 1 e 2 de outubro de 2026
I ECOBAS Macrolab
Esta iniciativa conta co cofinanciamento do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e da Xunta de Galicia a través de:
- Proyecto PID2023-147667NB-I00 (MICIU/AEI), Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica y de Innovación 2021-2023.
- Grupo GRC GI-2060 (AEMI), Xunta de Galicia (Ref: ED431C2023/05).
DATOS PARA INSCRICIÓN:
Star Global Conference 2023
Baixo o lema Educación transformadora para unha sociedade interconectada e un mundo equitativo, por primeira vez se celebra en España a STAR Global Conference, un evento de prestixio mundial que terá lugar os vindeiros 9 e 10 de outubro na cidade de Vigo, concretamente na sede de Afundación.
Organizada pola Star Scholars Network e a Cátedra Unesco-UVigo e coa colaboración de ECOBAS, entre outras entidades, esta conferencia ofrece un lugar de encontro para académicos e profesionais de todo o mundo para discutir estudos científicos e profesionais innovadores que apoian a práctica educativa transformadora para fomentar o seu crecemento profesional e as súas achegas á sociedade.
Entre o elenco de relatores deste simposio atópanse Uttam Gaulee, presidente de STAR Scholars Network; Francisca Fariña, presidenta da Cátedra Unesco-UVigo; Krishna Bista, vicepresidenta de STAR Scholars Network; Luisa Márquez, coordinadora nacional de Unesco Associated Schools Network; e Elena de Prada, organizadora do congreso e profesora do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo.
Clica aquí para acceder á web oficial da Star Global Conference 2023 e coñecer o programa completo do encontro.





