Un investigador de ECOBAS consegue una axuda do Programa de Becas de Posgrao no Extranxeiro da Fundación Barrié
Nicolás García Torea, do grupo CoAFin, é un dos 7 beneficiarios destas axudas na Universidade de Vigo nesta XXVII edición
O pasado 1 de xullo tivo lugar na sede da Fundación Barrié en a Coruña a entrega de credenciais ós 30 estudantes ós que se lles concederon as becas do Programa de Posgrao no Estranxeiro desta Fundación na súa XXVII edición. Estas axudas, das que 10 son para estudos de mestrado e 20 para estancias predoutorais, están destinadas a favorecer a movilidade dos estudantes para que poidan completar os seus estudos en centros de excelencia doutros países.
O investigador predoutoral do grupo CoAFin, Nicolás García Torea, é un dos beneficiarios das 7 becas acadadas na Universidade de Vigo e realizará a súa estancia na University of Exeter (Reino Unido) entre setembro e decembro traballando coa profesora Giovanna Michelon, co obxectivo de completar a súa tese, que versa sobre o desenrolo dunha metodoloxía contable que permita recoller nun informe a información sobre responsabilidade social corporativa e a información financeira das empresas dun xeito integrado e relacionado, cunha estrutura similar á dos estados financeiros, o que se coñece coma Triple Conta de Resultados (Triple Bottom Line).