Información actualizada sobre as actividades


Informarémosche puntualmente das actividades e novidades de interese, tanto as organizadas por ECOBAS como as que organizan outras entidades. Se nalgún momento prefires deixar de recibir as nosas comunicacións, non tes máis que notificárnolo e darémosche de baixa nas listaxes.

Podes convidar ao teu persoal investigador a subscribirse ás nosas listas a través deste enlace:

https://ecobas.gal/subscribete/

Acceso a seminarios


ECOBAS desenvolve dous ciclos propios de seminarios: o Ciclo de Seminarios de Investigación e o Ciclo de Seminarios de Doutoramento. Ademais, se organizas un seminario co teu grupo de investigación podes solicitar apoio no relativo á xestión e difusión do mesmo. Para todas as cuestións relacionadas con este tipo de actividades débese contactar coa dirección científica do Centro no enderezo .

https://ecobas.gal/seminarios/

Apoio na difusión das actividades


Poñemos os nosos medios (dixitais e analóxicos) á túa disposición para dar difusión ás actividades que organizas ou nas que participas, coma eventos ou a publicación de novas relativas a actividades concretas. Pódese solicitar a través do enderezo 

Xestión e reserva de espazos

Poñemos á túa disposición os espazos dos que dispoñemos, de maneira que calquera membro do Centro pode solicitar a súa utilización en calquera momento, tanto os físicos (despachos, salas de uso común, salas de reunións…) coma os virtuais (aulas virtuais, reunións a través de Zoom…). Pódese solicitar a través do enderezo

Apoio no deseño de materiais de difusión

Nas actividades nas que ECOBAS sexa entidade colaboradora (previa aprobación da dirección científica), a área de comunicación do Centro pode ocuparse do deseño de materiais de cartelería e difusión (solicitude mínima cun mes de antelación e suxeito á dispoñibilidade de recursos humanos para abordar o traballo no momento da solicitude). Pódese solicitar a través do enderezo

Publicidade de ofertas de emprego

Prestamos apoio na difusión de ofertas de emprego (contamos cunha conta propia en EURAXESS, e poñemos á túa disposición o apartado de Ofertas de Emprego da páxina web e as nosas listaxes de distribución). Pódese solicitar a través do enderezo

Financiamiento de actividades

O Centro conta con convocatorias abertas e competitivas para o financiamento de actividades aliñadas coa nosa axenda científica.

Publicación de documentos de traballo

O Centro conta cun repositorio de documentos de traballo (working papers) no sitio web, previa avaliación externa. As novas políticas alentan a publicación en aberto dos resultados de investigación, e unha das opcións que existen neste sentido é a utilización de repositorios institucionais. Pódese solicitar a través do enderezo 

https://ecobas.gal/working-papers/

Expedición de certificados e documentos acreditativos

Con frecuencia o persoal investigador require presentar documentos acreditativos de distinta índole para optar a determinados procesos (pertenza ao Centro, participación en actividades organizadas polo Centro, participación en certos proxectos…). Podes solicitar os teus certificados de pertenza a ECOBAS ou de participación en actividades desenvolvidas polo Centro a través do enderezo

A vinculación a ECOBAS ten unha duración mínima de 2 anos

Esta duración poderá ser menor en casos excepcionais, e en todo caso a desvinculación deberá ser solicitada previamente e aprobada polos órganos de gobernanza correspondentes

Usar a filiación nas publicacións no formato axeitado

As instrucións concretas sobre o formato da sinatura científica que se debe empregar será publicado proximamente, cando teña sido validado polas vicerreitorías de investigación das tres universidades. Poderase atopar no seguinte enlace: https://ecobas.gal/filiacion/

Indicar a pertenza a ECOBAS

Cando participes en actividades coma congresos, entrevistas na prensa ou noticias, será preciso, na medida do posible, que indiques sempre a pertenza ao Centro. Isto non é excluínte co feito de indicar a pertenza aos grupos de investigación ou as entidades que corresponda.

Utilizar o logotipo de ECOBAS

Débese incluír o logotipo de ECOBAS e, sempre que sexa posible, o enlace á páxina web, nos distintos elementos de difusión coma as webs persoais, a sinatura do correo, as presentacións en congresos ou eventos similares.

Pódense descargar os elementos identitarios e o manual de identidade corporativa dende https://ecobas.gal/identidade-corporativa/.

Colaborar e participar nas actividades do Centro

ECOBAS ten o obxectivo de converterse nun centro de referencia e de contar cunha comunidade científica sólida. Por iso, alentamos a todo o persoal vinculado a implicarse na actividade do Centro. Isto implica cuestións coma asistir, cando sexa posible, aos eventos organizados polo Centro ou por membros do mesmo; colaborar na difusión e publicidade deses eventos; ou seguir a ECOBAS en redes sociais e compartir as publicacións, entre outras.

Someterse aos procesos de avaliación periódica

O persoal investigador de ECOBAS será avaliado cada catro anos por un Comité Avaliador Externo, co obxectivo de garantir que a calidade e produtividade do Centro non se vexa diminuída.

Informar sobre as actividades realizadas

Para poder facer unha correcta difusión e divulgación do traballo que realizas é preciso que, sempre que as circunstancias o permitan, informes sobre as novidades relativas á túa actividade, como a publicación de novos artigos científicos, a concesión de proxectos en convocatorias competitivas, a sinatura de convenios ou contratos, os premios recibidos, a publicación de artigos en prensa, a participación en charlas ou entrevistas, e calquera outra actividade relevante. A información enviarase ao enderezo l ou comunicarase a través do formulario https://ecobas.gal/comunicar-actividade/

A difusión que realicemos dependerá do tipo de actividade que se comunique. Por exemplo: se nos informas sobre a publicación dun novo artigo científico ou sobre un novo proxecto e nos facilitas un pequeno resumo sobre o contido do mesmo, poderemos publicar unha breve nota na web e compartiremos a información nas redes. É importante que ese resumo non sexa demasiado técnico, xa que a publicación estará concebida para achegar a importancia do traballo que realizas á sociedade en xeral, non so á comunidade investigadora.

Animámosche tamén a facilitarnos os enlaces ás túas redes sociais e a seguir a ECOBAS e compartir as publicacións:

LinkedIn

Twitter 

Facebook

YouTube

Ciclo de Seminarios de Investigación


Seminarios organizados habitualmente os venres, nos que se convida a importantes investigadores e investigadoras, tanto propios coma pertencentes a outros centros nacionais e internacionais, a presentar os seus traballos.

Estas actividades teñen unha duración aproximada de unha hora, e pódense celebrar tanto de maneira mixta (presencial e retransmitidos en directo a través dunha plataforma virtual) coma totalmente online.

Pódense organizar en calquera dos campus das tres universidades que integran o Centro. Calquera membro pode propoñer o convite dun investigador ou investigadora no marco deste ciclo, enviando un correo electrónico a coa información da persoa relatora á que se quere convidar, o traballo que presentaría, e a data na que se faría. A Dirección Científica realizará unha valoración da proposta baseada na calidade do relator ou relatora, a adecuación da temática coas liñas de traballo do Centro, e a dispoñibilidade de data.

https://ecobas.gal/seminarios/

Ciclo de Seminarios de Doutoramento


Nestes seminarios convídase a investigadoras e investigadores nas primeiras etapas da súa carreira investigadora (predoutorais e posdoutorais junior) a compartir os seus traballos, e falar tamén da súa experiencia, dende un punto máis vital, no eido da investigación.

Celébranse habitualmente os xoves (salvo excepcións) e, ao igual que no caso dos seminarios de investigación, a súa duración aproximada é de unha hora, puidéndose celebrar de maneira mixta (presencial e retransmitidos en directo a través dunha plataforma virtual) ou totalmente online.

O procedemento para propoñer un seminario deste tipo é o mesmo que no caso dos Seminarios de Investigación: débese enviar un correo electrónico a coa información da persoa á que se quere convidar, o traballo a presentar, e a data preferida. A proposta será valorada pola Dirección Científica e a decisión comunicada á persoa solicitante.

https://ecobas.gal/seminarios/

Libra de Oficio


É o ciclo de seminarios-conferencias de transferencia do coñecemento. Convídase a persoas pertencentes a distintas entidades de interese (empresas, administracións, asociacións…) a compartir con nos a súa experiencia e achegarnos as particularidades do seu sector e o seu traballo.

O nome deste ciclo de eventos provén do refrán popular galego ‘Máis vale libra de oficio ca arroba de terra‘, que ten o mesmo significado que ‘o saber vale máis co ter’, e que quere poñer de manifesto a importancia da investigación e o coñecemento para o desempeño de calquera actividade e, por tanto, a importancia de que os centros de investigación traballemos man a man co resto dos actores sociais e coa cidadanía, establecendo colaboracións e manténdonos sempre en contacto directo coa sociedade.

Estas actividades teñen unha duración aproximada de unha hora, e pódese asistir tanto de maneira presencial coma virtual, xa que na maioría das ocasións son retransmitidos en streaming a través da canle de YouTube do Centro. O público presencial ten ocasión de recibir pequenos agasallos sostibles de ECOBAS, participar en sorteos de produtos relacionados coas persoas convidadas, ou participar en distintas actividades adicionais, segundo o evento.

O obxectivo destas actividades é dobre: por unha banda, achegar o Centro á cidadanía ofrecendo actividades non tan académicas, para espertar o seu interese polas temáticas de traballo de ECOBAS; e por outra, establecer unha rede de contacto con entidades de interese da contorna, que abran a posibilidade de colaborar con elas a través de distintas ferramentas (participación conxunta en proxectos de investigación competitivos, sinatura de convenios para a realización de actividades de interese común…).

https://ecobas.gal/libra-oficio/