FIRMA NORMALIZADA ECOBAS
Filiación de uso xeral
Co obxectivo de que as diferentes bastes de datos bibliográficas recoñezan axeitadamente a pertenza do persoal investigador vinculado ao Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS, seguiranse as seguintes indicacións:
- O nome do Centro debe aparecer na firma de todas as publicacións ou obras nas que participan as/os membros de ECOBAS, seguindo as indicacións aquí recollidas
- O nome ECOBAS indicarase en primeiro lugar, seguido da filiación da universidade correspondente, tal coma se recolla na normativa de cada unha delas, que se pode consultar nos seguintes enlaces:
- Normativa da Universidade de Vigo
- Normativa da Universidade de Santiago de Compostela
- Normativa da Universidade da Coruña
Na seguinte táboa pódense ver exemplos de cada caso:
Persoal investigador da Universidade de Vigo: ECOBAS, Universidade de Vigo, RGEAF, Departamento de Matemáticas, 36310 Vigo, España
Persoal investigador da Universidade de Santiago de Compostela: ECOBAS, ECO-IURIS, Departamento de Fundamentos de Análisis Económico, Universidade de Santiago de Compostela, 15782 Santiago de Compostela, España
Persoal investigador da Universidade da Coruña: ECOBAS, Universidade da Coruña, C+D Group, Departamento de Economía, 15071 A Coruña, España
Autoría en RePEc
ECOBAS dispón dun perfil propio no repositorio RePEc. O persoal investigador que desexe publicar nesta plataforma deberá seleccionar dúas filiacións no seu perfil:
- Por unha parte, a da súa universidade (de ser o caso, a do seu grupo ou departamento, se conta cun perfil propio)
- Por outra banda, a do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS
En caso de dúbida, contactar co persoal do Centro a través do enderezo