22/02/2022

Libra de Oficio – XENERA: Compañía eléctrica – Ulises Varela (socio fundador e xerente). Martes 22 de febreiro

Martes, 22 de febreiro, ás 19.00h (CET) horas en Vigo
Escola Universitaria de Estudos Empresariais de Vigo, Rúa Conde de Torrecedeira. Entrada libre ata completar aforo

Pódese seguir tamén a través da Canle de Youtube de ECOBAS

O noso convidado, Ulises Varela, xerente de XENERA Compañía Eléctrica, falará sobre o sector eléctrico, e a distribuión e comercialización da enerxía, poñendo en valor o seu proxecto de comercializadora de enerxía 100% verde e 100% galega.

———————————————

Libra de Oficio é o noso ciclo de seminarios-conferencias de transferencia do coñecemento, no que convidamos a persoas pertencentes a distintas entidades de interese (empresas, administracións, asociacións…) a compartir con nos a súa experiencia e achegarnos as particularidades do seu sector e o seu traballo.

Saber máis