FORMACIÓN EXTERNA: Obradoiro Comunicar Ciencia na Radio

O programa Efervesciencia que se emite na Radio Galega e producido pola USC organiza unha nova edición do obradoiro para investigadores titulado "Comunicar ciencia na radio".

O obradoiro terá lugar nos estudios da radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o xoves 23 de xuño pola mañá.

Toda a información sobre este obradoiro pode consultarse aquí.

A inscrición realízase a través deste formulario

O obradoiro "Comunicar ciencia na radio" enmárcase dentro do proxecto "Efervesciencia 21" financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología - Ministerio de Ciencia e Innovación


Ideas cooperativas en acción

Curso de 20 horas organizado pola Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop en colaboración con ECOBAS.

  • Cando: do 29 de marzo ó 1 de abril de 2022, de 9.00 a 14.00h (CET)
  • Onde: Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Rúa Conde de Torrecedeira (Vigo)
  • Quen: pesoas interesadas no emprendemento cooperativo, persoas socias de cooperativas, e público xeral.
  • Prezo: gratuíto
  • Inscricións: cumplimentando este formulario.

*********************

OBXECTIVOS DO CURSO:

  • Mostrar, desde o punto de vista práctico, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmula cooperativa.
  • Coñecer que debemos analizar e ter en conta para facer da nosa idea un proxecto cooperativo viable.
  • Elaborar conxuntamente o prototipo do noso proxecto.
  • Avaliar requisitos e compromisos como grupo promotor, tarefas a desenvolver, calendario de actuacións.

Máis información


Ideas cooperativas en acción

Curso de 20 horas organizado pola Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop en colaboración con ECOBAS. Desenvolverase na Escola Universitaria de Estudos Empresariais, en Vigo, do 29 de marzo ó 1 de abril.


Lánzate a emprender en cooperativa

Curso de 20 horas organizado pola Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop en colaboración con ECOBAS. Desenvolverase na Escola Universitaria de Estudos Empresariais, en Vigo, do 22 ó 25 de marzo.


Lánzate a emprender en cooperativa

Curso de 20 horas organizado pola Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop en colaboración con ECOBAS.

  • Cando: do 22 ó 25 de marzo de 2022, de 9.00 a 14.00h (CET)
  • Onde: Escola Universitaria de Estudos Empresariais, Rúa Conde de Torrecedeira (Vigo)
  • Quen: pesoas interesadas no emprendemento cooperativo, persoas socias de cooperativas, e público xeral.
  • Prezo: gratuíto
  • Inscricións: cumplimentando este formulario.

*********************

OBXECTIVOS DO CURSO:

  • Achegar o modelo cooperativo á cidadanía e, en especial, ás persoas que queren coñecer a fórmula do autoemprego cooperativo.
  • Mosrtar, dende un punto de vista práctico e achegado á realidade das persoas participantes, as condicións e pasos a dar para emprender baixo a fórmular cooperativa.
  • Contribuír a que estas persoas coñecan e valoren as cooperativas e as súas achegas sociais e económicas.
  • Coñecer a experiencia real dunha cooperativa en funcionamento.

Máis información


Formación UVIGO. Perspectiva de xénero na investigación e docencia universitaria: enfoque integral

Curso de 10 horas dirixido ó profesorado da Universidade de Vigo que terá lugar, en modalidade virtual, entre o 30 de maio e o 8 de xuño.


Formación UVIGO. Perspectiva de xénero na investigación e docencia universitaria: enfoque integral

O enfoque integral ou  transversalización da perspectiva de xénero na investigación e a docencia universitaria remite á análise do modo en que se deseña a investigación, así como ao proceso de ensinoaprendizaxe das materias co obxecto de planificar accións dirixidas a omitir posibles nesgos de xénero en cada un dos seus elementos e dimensións. A súa inclusión permite, entre outros: reflexionar de forma crítica sobre as relacións de xénero e estimular o pensamento crítico; repensar as prácticas en investigación e docencia; incrementar a calidade científica e docente; incrementar a relevancia social da produción científica e transmisión de coñecemento; afondar nas necesidades sociais e responder os requirimentos crecentes de institucións  financiadoras e revistas científicas.

Cando: do 30 de maio ó 8 de xuño de 2022

Quen: dirixido a profesorado da UVigo

Máis información aquí.


Formación UVIGO: Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Mulleres bravas defensoras da terra

Con este curso organizado pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación da Universidade de Vigo, en colaboración con Enxeñaría sen Fronteiras e Amigos da Terra, quérese dar a coñecer os impactos e alternativas do extractivismo en Galicia e noutras zonas do mundo, onde algunhas das sesións serán encontros que se realizarán aproveitando as visitas de mulleres activistas de Honduras. A través da súa testemuña visibilizarase o papel das mulleres na defensa da terra e na promoción de alternativas produtivas baseadas na economía social.

Inscricións ata o 17 de febreiro


Formación UVIGO: Escola de sustentabilidade e cidadanía global. Mulleres bravas defensoras da terra

Con este curso organizado pola Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación da Universidade de Vigo, en colaboración con Enxeñaría sen Fronteiras e Amigos da Terra, quérese dar a coñecer os impactos e alternativas do extractivismo en Galicia e noutras zonas do mundo, onde algunhas das sesións serán encontros que se realizarán aproveitando as visitas de mulleres activistas de Honduras. A través da súa testemuña visibilizarase o papel das mulleres na defensa da terra e na promoción de alternativas produtivas baseadas na economía social..

Cando: 23 de febreiro, 3 e 30 de marzo; 27 de abril; 11 de maio; 15 de xuño

Quen: Dirixido a alumnado da UVigo. No caso de quedar prazas vacantes poderán acceder outros perfís.

Profesorado:

  • Águeda Gómez Suárez: profesora titular do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política, Administración e Filosofía, e directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.
  • Xavier Simón Fernández: profesor titular do departamento de economía aplicada e director do Observatorio Eólico de Galicia.
  • Patricia Iglesias Fernández: técnica de educación para a cidadanía global. Pertencete a Amigos da terra.
  • Sergio Fernández Alonso: Ttécnico de proxectos de cooperación e educación para a cidadanía global. Pertencente a Enxeñaría sen Fronteiras.
  • AGARESO: consultora especializada en comunicación no terceiro sector

Inscricións ata o 17 de febreiro en Bubela.

Máis información no enlace.

 


FORMACIÓN EXTERNA. Curso 'Train-the-teacher' (Celonis)

Sobre a ensinanza do Process Mining, dirixido ó mestrado de todo o mundo.

Rexistro en https://www.celonis.com/acal-ttt/