FORMACIÓN EXTERNA: Obradoiro Comunicar Ciencia na Radio
20-06-2022
O programa Efervesciencia que se emite na Radio Galega e producido pola USC organiza unha nova edición do obradoiro para investigadores titulado “Comunicar ciencia na radio”.
O obradoiro terá lugar nos estudios da radio da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC o xoves 23 de xuño pola mañá.
Toda a información sobre este obradoiro pode consultarse aquí.
A inscrición realízase a través deste formulario
O obradoiro “Comunicar ciencia na radio” enmárcase dentro do proxecto “Efervesciencia 21” financiado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación