Catedrático de Universidade
Director en funcións do Departamento de Economía Aplicada
Email xavier@uvigo.gal
Membro do Policy Outreach Committee da Asociación Europea de Economistas Ambientais e dos Recursos (EAERE) dende 2018, e Secretario Xeral desta asociación en 2024-2025.
Membro do Consello Científico do Real Instituto Elcano. Membro do International Scientific Advisory Committee (ISAC) do Basque Centre for Climate Change (BC3) entre 2010 e 2016.
Formou parte do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC): experto da Comisión Especial para a definición do Quinto Informe de Avaliación (2010), autor principal do Quinto Informe (2011-2014) e revisor editor do Sexto Informe (2018-2022).
Investigador afiliado ao Center for Energy and Environmental Policy Research (CEEPR) do MIT.
Presidiu ou foi membro de numerosos comités científicos de congresos internacionais entre 2020 e 2025 (Congreso Anual da EAERE en Bergen 2025, Leuven 2024, Limassol 2023, Rimini 2022, e Berlín 2021 e 2020; 18th IAEE European Conference en Milán 2023; AIEE Energy Symposium 2021.
Presidiu o comité do 9º e 10º Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics en A Toxa, Pontevedra, en 2022 e 2024).
Actúa como avaliador para preto de 25 revistas científicas dende 1996, entre elas Revista de Economía Aplicada (dende 1996), Hacienda Pública Española (dende 1998), Energy Journal (dende 2000), Fiscal Studies (dende 2002), Environmental Economics and Policy Studies (dende 2002), Resource and Energy Economics (dende 2005), Ecological Economics (dende 2006), Energy Economics (dende 2006), Journal of Environmental Management (dende 2006), Economic Modelling (dende 2007), Journal of Industrial Ecology (dende 2008), Environmental and Resource Economics (dende 2008), Energy Policy (dende 2009), SERIEs (dende 2010) e Climate Change Economics (dende 2014), entre outras.
Cinco sexenios de investigación recoñecidos (1993-1998, 1999-2004, 2005-2010, 2011-2016 e 2017-2022) e un sexenio de transferencia (2010-2015).
Índice h de 21 segundo Scopus. Medalla á traxectoria investigadora da Academia Galega de Ciencias no ámbito económico e das ciencias sociais, primeira edición (2019).
Premio Alexandre Pedrós ao mellor artigo publicado en Hacienda Pública Española/Review of Public Economics durante 2021.
Premio da Asociación Hispanoportuguesa de Economía Ambiental e dos Recursos Naturais (AERNA) á mellor publicación en 2018/2019.
Xavier Labandeira Villot
Catedrático de Universidade no Departamento de Economía Aplicada, Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Universidade de Vigo, e Director en funcións do mesmo departamento dende agosto de 2025. Licenciado en Ciencias Económicas pola USC (1990), Master of Science en Economía Ambiental e dos Recursos Naturais polo University College London (1994), e Doutor Europeo en Economía pola Universidade de Vigo (1998; directores: Alberto Gago, José M. Labeaga e Stephen Smith; apto cum laude por unanimidade e Premio Extraordinario da Uvigo). É membro permanente do centro de investigación interuniversitario ECOBAS, do que foi Director entre 2023 e 2025, e dende 2010 codirixe Economics for Energy, un centro privado de investigación especializado en economía enerxética. É investigador afiliado ao CEEPR do MIT e membro do Consello Científico do Real Instituto Elcano. Formou parte do Grupo Intergobernamental de Expertos sobre o Cambio Climático das Nacións Unidas (IPCC) na elaboración do Quinto (2014, autor principal) e do Sexto (2018-2022, revisor editor) Informes de Avaliación. Entre 2014 e 2017 dirixiu a Florence School of Regulation Climate, adicada ao estudo da política climática europea, no European University Institute (Florencia). Coordinou as Cátedras sobre Economía do Cambio Climático (FEDEA, 2007-2010) e sobre Enerxía e Desenvolvemento Sostible (Uvigo, 2011-2019). É membro do Policy Outreach Committee da Asociación Europea de Economistas Ambientais (EAERE) dende 2018 (Secretario Xeral en 2024-2025), e foi membro do comité de persoas expertas para a elaboración do Libro Branco sobre a Reforma do Sistema Tributario Español (2021-2022). A Academia Galega de Ciencias concedeulle a medalla á traxectoria investigadora no ámbito económico e das ciencias sociais na súa primeira edición (2019).
A súa investigación e docencia sitúanse na fronteira entre a economía enerxética, pública e ambiental. Publica de forma habitual nas principais revistas académicas do seu campo, con liñas de traballo sobre a fiscalidade enerxético-ambiental e as reformas fiscais verdes, a demanda de enerxía residencial e a eficiencia enerxética, a pobreza enerxética, o deseño de mercados de dereitos de emisión, a fiscalidade e a demanda de transporte, e os impactos distributivos das políticas climáticas e enerxéticas.
Foi ou é investigador principal en varios proxectos competitivos: “Evaluación de Políticas para la Transición Energética” (PID2022-136376OB-I00, Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades / AEI / FEDER; setembro 2023-setembro 2027); “Transporte y Políticas para la Transición Energética a una Economía Baja en Carbono en España” (RTI2018-093692-B-100, Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades; xaneiro 2019-setembro 2022); “Economía de la Eficiencia Energética en los Sectores Residencial y de Transporte en España” (ECO2013-41183-P, Ministerio de Economía e Competitividade; novembro 2014-decembro 2016); e “Pobreza Energética en España: Precios de la Electricidad y Medidas Paliativas” (Fundación Iberdrola; xaneiro-decembro 2015, como Director). Foi tamén responsable do proxecto en Uvigo do consorcio europeo “4I-TRACTION” (Innovation, Investment, Infrastructure and sector Integration, H2020; xuño 2021-maio 2024) e Director do proxecto na European University Institute de “Supporting the Implementation and Development of the EU ETS” (LIFE15 GIC/IT/000051, Comisión Europea LIFE; setembro 2016-maio 2018), ademais de investigador principal do equipo da EUI en “Innovation Pathways, Strategies and Policies for the Low-Carbon Transition in Europe” (ID730403, H2020; decembro 2016-novembro 2020).
- Bernardo, V.; Fageda, X.; Teixidó, J.; Labandeira, X. Aligning the Aviation Industry with Global Climate Goals: The Role of Pricing Mechanisms. Review of Environmental Economics and Policy (próxima publicación).
- Labandeira, X.; Teixidó, J.; Palencia, F. J.; Labeaga, J. M. (2024). Carbon Leakage from Fuel Taxes: Evidence from a Natural Experiment. Environmental and Resource Economics, 87, 3235-3270.
- Labandeira, X.; Hanemann, M.; Labeaga, J. M.; Vásquez-Lavín, F. (2024). Discrete-continuous Models of Residential Energy Demand: A Comprehensive Review. Resource and Energy Economics, 77, 101426.
- Labandeira, X.; Labeaga, J. M.; Teixidó, J. (2022). Major Reforms in Electricity Pricing: Evidence from a Quasi-Experiment. The Economic Journal, 132, 1517-1541.
- Gago, A.; Labandeira, X.; Labeaga, J. M.; López-Otero, X. (2021). Transport Taxes and Decarbonization in Spain: Distributional Impacts and Compensation. Hacienda Pública Española/Review of Public Economics, 236, 101-136. (Premio Alexandre Pedrós ao mellor artigo publicado en HPE/RPE en 2021)
- Labandeira, X.; Labeaga, J. M.; López-Otero, X. (2021). Energy Taxation, Subsidy Removal and Poverty in Mexico. Environment and Development Economics, 26, 239-260.
- Labandeira, X.; Labeaga, J. M.; Linares, P.; López-Otero, X. (2020). The Impacts of Energy Efficiency Policies: Meta-analysis. Energy Policy, 147, 111790.
- Labandeira, X.; Loureiro, M. (2019). Exploring Energy Use in Retail Stores: A Field Experiment. Energy Economics, 84, 104570. (Premio AERNA á mellor publicación en 2018/2019)
- Labandeira, X.; Verde, S.; Teixidó, J.; Marcantonini, C. (2019). Free Allocation Rules in the EU Emissions Trading System: What does the Empirical Literature Show? Climate Policy, 19, 439-452.
- Labandeira, X.; Labeaga, J. M.; López-Otero, X. (2017). A Meta-analysis on the Price Elasticity of Energy Demand. Energy Policy, 102, 549-568.
- Labandeira, X.; Ramos, A.; Löschel, A. (2016). Pro-environmental Households and Energy Efficiency in Spain. Environmental and Resource Economics, 62, 367-393.
- Labandeira, X.; Würzburg, K.; Linares, P. (2013). Renewable Generation and Electricity Prices: Taking Stock and New Evidence for Germany and Austria. Energy Economics, 40, 159-171.
- Labandeira, X.; Linares, P. (2010). Energy Efficiency: Economics and Policy. Journal of Economic Surveys, 24, 573-592.
- Labandeira, X.; Labeaga, J. M.; Rodríguez, M. (2006). A Residential Energy Demand System for Spain. Energy Journal, 27, 87-112.
- Labandeira, X.; Labeaga, J. M. (2002). Estimation and Control of Spanish Energy-Related CO2 Emissions: An Input-Output Approach. Energy Policy, 30, 597-611.
Colaborou con empresas e institucións como Statkraft (2022), Ferrovial (2018), o comité de expertos externos dos Foros Ambientais de Iberdrola (2008-2011) e a Fundación RACC (2009). Participou como membro do equipo de expertos no informe España 2050 (2020-2021) e no comité de persoas expertas para a elaboración do Libro Branco sobre a Reforma do Sistema Tributario Español (2021-2022). Compareceu ante a Comisión de Medio Ambiente, Saúde Pública e Seguridade Alimentaria (ENVI) do Parlamento Europeo (2016) e ante a Comisión de Estudo sobre o Cambio Climático do Congreso dos Deputados (2013 e 2018).
Dirixiu cinco teses doutorais: Miguel Rodríguez Méndez (2003), Xiral López-Otero (2012), Ana Ramos (2015), Pablo Pintos (2017) e Susana Bayo (2024). Foi supervisor postdoutoral de 10 investigadores/as entre 2011 e 2017, financiados/as pola Comisión Nacional de Ciencia e Tecnoloxía de México, a Fundación Alcoa, a Fundación Iberdrola, a Fundaçao para a Ciência e a Tecnologia (Portugal) e o programa Max Weber do European University Institute. Realizou estadías de investigación en Berkeley (1992-1993), University College London (1994-1997) e Tokyo University of Foreign Studies (1998); en 2012 visitou o Potsdam Institute for Climate Impact Research, a University of Bath, o European University Institute, o ETH de Zürich e a Keio University; en 2013 visitou a University of Oxford e a Arizona State University; foi Robert Schuman Fellow no EUI en 2017, e realizou novas estadías en Keio University (2020) e no EUI (2018-2019 e 2021-2024). Autor de 6 libros, entre eles o Libro Branco sobre a Reforma Tributaria (2022) e Climate Change Policies (Edward Elgar, 2010), e de numerosos capítulos de libro, entre eles dous capítulos nos informes de avaliación do IPCC (AR5, 2014; AR6, 2022).