Juan Carlos Reboredo Nogueira
Profesor na Universidade de Santiago de Compostela, Dpto. Fundamentos de Análise Económica. Doutor en Economía, Máster en Análise Económica e MBA. Profesor de Microeconomía, Análise Económica dos Mercados Financeiros e Valoración de Riscos Financeiros, a nivel de grao e máster.
Estudo do risco nos mercados de capitais e da relación de dependencia entre os mercados financeiros e enerxéticos. Dentro destas áreas, céntrase na análise da influencia dos prezos do petróleo na valoración de activos financeiros e tipos de cambio, do risco sistémico nos mercados financeiros e dos efectos sistémicos do mercado do petróleo nos mercados de enerxías renovables. Os seus intereses de investigación máis recentes inclúen a análise do impacto do risco climático nos mercados financeiros e enerxéticos, na estabilidade financeira e nas decisións de investimento.
Conta con tres sexenios de investigación.
1- Green Bond and Financial Markets: Co-Movement, Diversification and Price Spillover Effects 2018
JC Reboredo
Energy Economics 74, 38-50
2- Is gold a safe haven or a hedge for the US dollar? Implications for risk management 2013
JC Reboredo
Journal of Banking & Finance 37 (8), 2665-2676
3- Price connectedness between green bond and financial markets 2020
JC Reboredo, A Ugolini
Economic Modelling 88, 25-38
4- Do global factors impact BRICS stock markets? A quantile regression approach 2014
W Mensi, S Hammoudeh, JC Reboredo, DK Nguyen
Emerging Markets Review 19, 1-17
5- Wavelet-based test of co-movement and causality between oil and renewable energy stock prices 2017
JC Reboredo, MA Rivera-Castro, A Ugolini
Energy Economics 61, 241-252
6- Modelling oil price and exchange rate co-movements 2012
JC Reboredo
Journal of Policy Modeling 34 (3), 419-440
7- Is there dependence and systemic risk between oil and renewable energy stock prices? 2015
JC Reboredo
Energy Economics 48, 32-45
Está entre o 2% dos científicos con máis influencia en área de Economía e Finanzas segundo o ranking mundial elaborado pola Universidade de Stanford, sendo un dos economistas académicos españois máis citados durante os últimos anos.
Recibiu diferentes premios de investigación a nivel nacional e internacional, participando en tarefas de transferencia de coñecemento ao sector privado, investigador principal de diferentes proxectos de investigación, avaliador en axencias nacionais e internacionais de investigación e membro do comité editorial de varias revistas de investigación económica internacionais.
Dende abril de 2024 en que foi nomeado Secretario xeral da Oficina de Coordinación Económica da Presidencia da Xunta de Galicia atópase en situación de servizos especiais na USC.