Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial
Xuntanza do alumnado cos Enlaces Doutorais
14 de outubro de 2022
O vindeiro venres 14 de outubro ás 12.00h organizarase en cada unha das tres universidades (UDC, USC e UVigo) un café de confraternización dirixido ao alumnado do Programa de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial, actividade que estará coordinada polos Enlaces Doutorais.
Os Enlaces Doutorais (ED) son persoas que se atopan cursando o segundo ou terceiro ano de doutoramento, e que teñen a misión de contribuír ao funcionamento do Programa realizando, entre outras, as seguintes funcións:
-
- Mentoría: axudar ao resto de alumnas e alumnos do programa a resolver dúbidas que poidan ter, referidas tanto ao propio programa, coma ao funcionamento da universidade ou a outras cuestións relativas á vida na cidade, para aquelas persoas que veñen de fóra.
- Conexión coas coordinadoras e coordinadores do programa, coa CAPD e con ECOBAS
- Apoiar ás coordinadoras e coordinadores do programa e a ECOBAS na organización de distintas actividades
- Outras
Estes son os datos dos ED:
– Enlace doutoral na UDC: María Cendán ()
– Enlace doutoral na USC: Ana Castro ()
– Enlace doutoral na UVigo: Lucas López ()
O obxectivo desta primeira xuntanza será coñecer ás compañeiras e compañeiros dentro da propia universidade, resolver dúbidas e facer suxestións. As persoas que desexen asistir á sesión deben inscribirse no formulario que se atopa a continuación antes do vindeiro martes 11 de outubro ás 12.00h (os campos marcados cun asterisco* son obligatorios).