26/07/2022

Achegándonos ao traballo do persoal investigador: novas publicacións

ECOBAS conta con máis de cen persoas no seu equipo investigador traballando no eido da sustentabilidade económica, ambiental e social. As nosas investigadoras e investigadores cóntanche en qué consisten as súas publicacións máis recentes.

José Manuel Sánchez Santos e Paolo Rungo

Artigo: “Building social capital through sport engagement: Evidence for adults aged 50 years and older”

Este traballo incorpórase no marco dunha liña de investigacións na que se abordan os determinantes e efectos do capital social individual. En particular,  analízase o papel da participación deportiva na xeración e  desenvolvemento das relacións sociais dos maiores, aspecto que non recibiu moita atención ata o momento. No traballo apórtanse novas probas sobre como a participación no deporte pode dar lugar a redes máis estreitas e extensas para este segmento da poboación.  Os resultados desta investigación permiten facer fincapé no deporte, na actividade física e no ocio como estratexias para manter e potenciar a saúde social e psicológica das persoas maiores.

Sánchez-Santos, J., Rungo, P., & Lera-López, F. (2022). Building social capital through sport engagement: Evidence for adults aged 50 years and older. Ageing and Society, 1-26. doi:10.1017/S0144686X22000046
*Nesta publicación José Manuel Sánchez Santos e Paolo Rungo comparten autoría con Fernando Lera López, da Universidade Pública de Navarra

 

José Manuel Sánchez Santos

Artigo: Light, moderate and vigorous physical activities: New insights into a virtuous circle with happiness”

Esta investigación encádrase nunha liña  de investigación desenvolvida no  campo da economía do deporte. Concretamente, céntrase no estudo dos vínculos entre deporte, capital social e benestar subxectivo. Neste traballo demóstrase a existencia dunha relación simultánea e bidireccional entre os diferentes niveis de práctica de actividade física (actividades moderadas e vigorosas) e a felicidade das personas. O máis chamativo dos resultados obtidos é a constatación da existencia dunha asociación máis sólida que vai da felicidade á actividade física e viceversa. Neste sentido, desde o punto de vista das políticas públicas é importante por de manifiesto a existencia dun círculo virtuoso: a participación en diferentes niveles de actividade física aumenta a felicidade e a saúde autopercibida, mentres que a felicidade implica unha maior actividade física e o conseguinte aumento positivo da saúde e da felicidade dos individuos.

Castellanos, P.;  Lera, F. & Sánchez-Santos, J.M. (2022). Light, moderate and vigorous physical activities: New insights into a virtuous circle with happiness. European Journal of Sport Science, DOI: 10.1080/17461391.2022.2089053
*Nesta publicación José Manuel Sánchez Santos comparte autoría con Fernando Lera López, da Universidade Pública de Navarra, e Pablo Castellanos, da Universidade da Coruña

 

Raquel Fernández González, Marcos I. Pérez Pérez, Mª Dolores Garza Gil

Artigo: COVID-19 and the Spanish Celtic Sea fishery: An economic análisis

Este artigo analiza os efectos da crise da COVID-19 sobre a rendabilidade, os ingresos e o emprego das empresas armadoras españolas con buques operando no Mar Céltico. Os resultados mostran unha variación dun -25% na facturación, do -10% no número de empregados e do -80% na rendabilidade económica e financiera.

Fernández-González, R., Pérez-Pérez, M. I., & Garza-Gil, M. D. (2022). COVID-19 and the Spanish Celtic Sea fishery: An economic analysis. Marine Policy, 143, 105204. https://doi.org/10.1016/j.marpol.2022.105204

 

Raquel Fernández González

Artigo: Environmental strategy and the petroleum industry: a sustainability balanced scorecard approach

Neste artigo impleméntase a metodoloxía de cadro de mandos para evaluar o desenvolvemento sostible duhna empresa española cunha actividade que se centra na comercialización e distribución de produtos petrolíferos. O obxectivo deste artigo é analizar a xestión medioambiental da empresa de hidrocarburos, e se as catro perspectivas da súa visión estratéxica incorporaron satisfactoriamente variables que promoven a sostibilidade.

Fernández-González, R., Puime-Guillén, F., & Vila-Biglieri, J. E. (2022). Environmental strategy and the petroleum industry: a sustainability balanced scorecard approach. Journal of Petroleum Exploration and Production Technology, 1-12. https://doi.org/10.1007/s13202-022-01543-9
*Nesta publicación Raquel Fernández González comparte autoría con Félix Puime-Guillén, da Universidade da Coruña, e Jorge E. Vila Biglieri, da Universidade de Vigo

Capítulo de libro: Sustainability, innovation, and diversification in the Spanish frozen food industry: a financial analysis

O obxectivo deste estudo é analizar, nunha proxección financieira de cinco anos, a viabilidade dunha pranta de produción de produtos conxelados de alta calidade cun importante valor engadido. Ademais, tamén se realiza unha análise de sensibilidade aos prezos para determinar os posibles escenarios aos que se enfrentaría a empresa. Os resultados mostran que o proxecto é eficiente e cubre as inversións.

Puime-Guillén, F., Pérez-Vas, R., & Fernández-González, R. (2022). Sustainability, Innovation and Diversification in the Spanish Frozen Food Industry: A Financial Analysis. In Sustainability and Intelligent Management (pp. 149-160). Springer, Cham. https://doi.org/10.1007/978-3-030-98036-8_7
*Nesta publicación Raquel Fernández González comparte autoría con Félix Puime-Guillén, da Universidade da Coruña, e Raisa Pérez Vas, da Universidade de Vigo