Máis dunha vintena de institucións participan na primeira mesa de traballo interinstitucional organizada no marco do proxecto PASOS
A mesa de traballo persegue identificar liñas de actuación que respondan ós retos dos sectores vinculados ao Ámbito Mariño.
O Centro de Investigación Mariña (CIM) e o Economics and Business Administration for Society (ECOBAS) da Universidade de Vigo xunto con FUNDAMAR organizaron no marco do proxecto PASOS (Plan de Acción para a Promoción da Investigación e Innovación Responsable – RRI – no Ámbito Mariño a través das Entidades de Economía Social) a primeira mesa de traballo interinstitucional dirixida a establecer un dialogo entre diferentes entidades do mundo da administración, investigación, empresarial e da sociedade civil vinculadas ao medio mariño no que expoñer os retos do sector dende cada perspectiva, e buscar liñas de actuación para reducir as brechas existentes entre os mesmos.
O evento tivo lugar na mañá do mércores 27 de abril na Facultade de Comercio da Universidade de Vigo, na súa sede da rúa Torrecedeira. A xornada foi presentada pola Investigadora Principal do proxecto PASOS na Universidade de Vigo, Mercedes Mareque, e contou seguidamente coas ponencias de María Caldeiro, xerenta de FUNDAMAR, e de Mario Pansera, experto en Investigación e Innovación Responsable (RRI) na Universidade de Vigo.
A segunda parte da xornada adicouse a discusión en grupos de traballo interinstitucionais, moderados polo equipo do proxecto PASOS, para establecer un diálogo que tratou de responder a dúas cuestión principais, sempre en relación ao ámbito martítimo-pesqueiro: “¿Onde estamos?”, “¿Onde queremos chegar?”. Nestes grupos de traballo participaron representantes de máis dunha vintena de representantes de distintas entidades vinculadas ós sectores do ámbito mariño.
O proxecto PASOS ten por obxectivo contribuír ao fomento da economía social como estratexia para afrontar os retos do sector marítimo, a través da RRI. Está financiado pola Rede EUSUMO e desenvolvido por FUNDAMAR e os centros de investigación da Universidade de Vigo, CIM (Centro de Investigación Mariña) e ECOBAS,