10 de maio de 2022
Amaia Palencia, alumna do Programa de Doutoramento Interuniversitario en Análise Económica e Estratexia Empresarial, gaña o premio Alexandre Pedrós
A doutoranda acadou o galardón na área temática de economía laboral e de xénero co seu traballo titulado “Immigration, childcare and gender differences in the Spanish labor market”.
O premio Alexandre Pedrós está convocado pola Societat Econòmica Barcelonesa d’Amics del País e premian a asistentes do XXIX Encuentro de Economía Pública menores de 40 anos. Os traballos que concorren son seleccionados entre as áreas temáticas nas que o Profesor Pedrós centrou a súa actividade académica e profesional: Federalismo Fiscal, Facenda Autonómica e Local, Imposición e Elección Pública.
Amaia Palencia, que prepara a súa tese doutoral baixo a dirección das Catedráticas Coral del Río e Olga Cantó, gañou este premio ex aequo con Begoña Cabeza.