20/06/2022

NOVE INVESTIGADORAS DO CENTRO DE INVESTIGACION ECOBAS NO RANKING DAS 5.000 CIENTÍFICAS ESPAÑOLAS MÁS DESTACADAS

O ranking foi elaborado polo CSIC a partir da información recollida na base de datos de Google Scholar

O Consello Superior de Investigación Científica (CSIC) ven de publicar a primeiros de xuño a súa primeira clasificación das 5.000 científicas españolas e estranxeiras máis destacadas, que realizan os seus traballos de investigación en organismos españois. Esta clasificación, que inclúe todos os ámbitos científicos, foi realizada a partir dos indicadores recadados na base de datos Google Scholar dos perfís persoais públicos das investigadoras.

 ECOBAS conta con nada menos que nove investigadoras neste ranking. A primeira que atopamos é a directora científica do Centro, a catedrática de Economía na USC, María Loureiro, cun índice H de 42. A seguinte investigadora ECOBAS da clasificación é Coral Del Río, Catedrática da UVigo, cun índice H de 29, seguida de Sara Fernández, da USC, cun índice H de 26. Seguen, Cristina Calvo Porral e Isabel Novo Corti, ambas da Universidade da Coruña (UDC), con índices H de 25 e 22, respectivamente, seguidas de Isabel Neira da USC  e Olga Alonso da UVigo, cun índice H 21; e para pechar, Belén Fernández-Feijóo, da UVigo, e Marta Rey, da UDC,  ambas cun índice H de 20.

Os datos son unha boa mostra da excelencia científica do Centro e, en particular, do impacto das nosas investigadoras.

 

Máis información