23/06/2022

Arrinca na Illa da Toxa o 9th Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics

Esta é a 9ª edición deste evento, e contará coa presenza especialistas en economía e medio ambiente de varios países

Durante as xornadas de hoxe, xoves 23 de xuño, e mañá, venres 24, celébrase na Illa da Toxa a 9ª edición do Atlantic Workshop on Energy and Environmental Economics (AWEEE). O evento reúne a máis de cincuenta expertos e expertas internacionais en economía enerxética e ambiental, que compartirán os resultados obtidos nas súas investigacións nestes ámbitos.

Esta edición, que tiña que terse celebrado no ano 2020 pero que tivo que ser cancelada por mor da pandemia, regresa coma nas edicións anteriores da man de Economics for Energy, un centro de investigación privado especializado na análise económica das cuestións enerxéticas. Conta  no seu comité organizador con dous investigadores de ECOBAS, Xavier Labandeira e María Loureiro. Ambos destacan a importancia das actividades recollidas dentro do programa, con intervencións de alto nivel e importancia académica como as de Natalia Fabra ou Lucas Bretschger. Estes dous relatorios, xunto coa mesa redonda ‘The Future of climate and Energy Policies’, poderanse seguir en directo de maneira virtual a través da Canle de UVigo TV. Pódese atopar a información para seguir as retransmisións neste enlace.

 

Accede ao Diario da Universidade de Vigo para ampliar a noticia