
09/07/24
Apertura da convocatoria de Axudas ECOBAS 2024 para a realización de actividades de I+D+i
A Dirección de ECOBAS vén de publicar en réxime de concorrencia competitiva a Convocatoria 2024 de Axudas ECOBAS para a Realización de Actividades de I+D+I, como unha oportunidade para promover e apoiar a realización de actividades de I+D+I por parte do seu persoal, que posibiliten o desenvolvemento das liñas estratéxicas da Axenda Científica de ECOBAS, contribuindo ao impulso da proxección e prestixio científico de ECOBAS como centro de investigación.