A Dirección do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS acorda publicar a
CONVOCATORIA 2024 DE AXUDAS ECOBAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE I+D+i
O Centro de Investigación Interuniversitario Economics and Business Administration for Society (ECOBAS), é un centro de investigación interuniversitario no ámbito da economía e a empresa que desenvolve a súa actividade específicamente no eido da sostibilidade económica, social e ambiental para tratar de dar resposta aos desafíos actuais a través da investigación, a transferencia de coñecemento, a innovación e a docencia, captando e potenciado o talento investigador con capacidade de liderado científico.
Para tales efectos, a Dirección de ECOBAS acorda publicar en réxime de concorrencia competitiva a Convocatoria 2024 de Axudas ECOBAS para a Realización de Actividades de I+D+I, como unha oportunidade para promover e apoiar a realización de actividades de I+D+I por parte do seu persoal, que posibiliten o desenvolvemento das liñas estratéxicas da Axenda Científica de ECOBAS, contribuindo ao impulso da proxección e prestixio científico de ECOBAS como centro de investigación.